Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares pon en marcha dende o día 4 o servizo de vixilancia nocturna do proxecto Moucho
31 Xaneiro 2008 11:44
O Concello de Ares é o primeiro en sumarse ao Proxecto Moucho da Fundación Fuertes, que consiste na prestación dun servizo de serenos que vixiarán as rúas da vila durante tódalas noites do ano, entre as 23.00 e as 07.00 horas. A iniciativa, que se porá en marcha neste municipio a partires do vindeiro luns, día 4 de febreiro, pretende integrar laboralmente a persoas en risco de exclusión social –mulleres, parados de longa duración, inmigrantes, emigrantes retornados, discapacitados, etc.- e ao mesmo tempo garantir a seguridade dos veciños.
No caso de Ares, serán dúas as persoas que cada noite vixiarán a vila a pé. Ademais, haberá un supervisor e un call-center, que funcionará como sede das chamadas que fagan estes serenos e xestionará as posibles emerxencias que poidan xurdir. Isto será posible porque os traballadores nocturnos levarán consigo unha especie de GPS, que permitirá ao supervisor, por unha banda, coñecer nun plano o lugar exacto no que se atopan e, ademais, alertará das posibles emerxencias.
O coordinador tamén será o responsable de deseñar os turnos dos traballadores e os calendarios da gardas, xa que o servizo que ofrece a Fundación Fuertes garante a presenza dunha parella de serenos tódolos días do ano.
Os servizos que prestarán os serenos son, fundamentalmente, o de ofrecer todo tipo de información –farmacias de garda, urgencias, etc.-, vixiar e comprobar o bo estado do mobiliario urbano ou atender e auxiliar ás persoas que o precisen, entre outros traballos complementarios. Ademais, tódolos días deberán presentar un informe coas incidencias da noite.
Os traballadores que comezarán a vixiar as rúas de Ares a partires do vindeiro luns pasaron por un período de formación, desenvolvido na propia Fundación Fuertes. Segundo informaron dende dita entidade, que ten a súa sede no polígono Vilar do Colo de Fene, os interesados foron instruidos en aspectos tales como primeiros auxilios, extinción de lumes ou coñecemento do entorno.
O programa Moucho conta coa colaboración de diferentes institucións públicas e dalgunhas importantes empresas da zona.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares