Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 04 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Afombras florais nas nosas casa

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello adxudicará proximamente seis obras con cargo ao PAS 2015
09 Setembro 2016 11:57
O Concello de Ares adxudicará nos próximos días seis obras que se enmarcan dentro do Plan de Acción Social da Deputación (PAS) correspondentes ao ano 2015.
A primeira das obras, a do Plan de marquesinas, conta cun orzamento de 30.000 euros. Coa actuación procederase á renovación de marquesinas en varios puntos do municipio, tales como o Alto de Simou, Marina do Pombal ou a Praza Ramón García. A instalación do novo mobiliario responde ao estado actual das mesmas e á notable demanda de transporte público de xeito regular nestas zonas.
A segunda das obras que se executará con cargo ao PAS da Deputación é a de mellora da accesibidade na Porta do Sol, cun orzamento de 38.852,57 euros. A intervención consiste na reparación do pavimento mediante un aglomerado asfáltico e a mellora dos elementos organizadores do tráfico. O prazo de execución dos traballos é dun mes.
A terceira obra enmarcada dentro deste Plan provincial trátase da recuperación da Praza Ramón García e o camiño das Salgueiras, ambos situados en Chanteiro. As actuacións contan cun prazo de execución dun mes e un orzamento que ascende a 44.156.65 euros. A intervención consiste en reparar o pavimento da praza mediante un aglomerado asfáltico e do camiño cun triple tratamento asfático por zonas afectadas.
A cuarta das obras, a de colocación e leds no Paseo Marítimo e na Avenida de Paz, consiste na renovación do alumeado existente, reemprazando as lámparas de vapor de sodio por luminarias LED, que permitirá unha maior calidade de iluminación nestes espazos e a mellora respecto ao aforro enerxético. O orzamento desta actuación é de 32.759,61 euros
En quinto lugar atópase a obra de condicionamento e reparación do camiño de Praza da Rega a Pomouco en Chanteiro e a fonte ubicada nel, cun orzamento de 40.879,50 euros. O obxecto desta actuación é o de mellorar a accesibilidade do camiño coa reparación do pavimento mediante un aglomerado asfáltico. Ao mesmo tempo, rehabilitarse a fonte ubicada no camiño que na actualidade atópase en mal estado. O prazo de execución dos traballos é dun mes.
Por último, a sexta obra programada polo executivo local dentro do PAS complementario é a de reparación e renovación do Parque Rosalía de Castro. A intervención conta cun orzamento de 21.320,86 euros e un prazo de execución dun mes. Esta obra consiste na dotación de novos elementos de xogo para persoas con mobilidade reducida, a mellora dos perímetros de seguridade e a sustitución do pavimento de losas de caucho actual por outro continuo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares