Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O sábado 20 disputarase a novena Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares”
17 Agosto 2016 12:41
IX BANDEIRA DE TRAIÑEIRASIX BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS
A Novena Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares” é a antepenúltima regata do calendario da Liga “A” Noroeste e contará coa participación de once clubes

O porto de Ares acollerá o sábado, día 20 a partires das seis da tarde, a Novena Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares”, unha regata organizada polo Club de Remo local que, un ano máis, conta coa colaboración da administración municipal. Precisamente hoxe a alcaldía do Concello acolleu a presentación do evento deportivo, na que participaron o tenente alcalde e edil de Deportes Eugenio Fernández, xunto co delegado do Club de Remo Manuel Peña e o patrón da traiñeira local Alejandro Permuy.

A IX Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares” será a antepenúltima regata da Primeira división da Liga Galega de Traiñeiras. No caso da regata de Ares, participarán once clubes, o que congregará na vila a centos de persoas durante a tarde do sábado.

A traiñeira que resulte gañadora durante o sábado recibirá a bandeira que esta mañá luciu na alcaldía durante a rolda de prensa.

Na presentación de hoxe destacouse o gran nivel dos remeiros da embarcación local, e a confianza en acadar os mellores resultados nesta competición. Ademais, resaltouse importancia da promoción do deporte de base e a axuda ás entidades locais para o desenvolvemento das diferentes modalidades como é o remo, que conta cun importante arraigo neste municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares