Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A creación dunha oficina técnica de Correos en Ares, pendente da decisión do Consello de Administración
30 Xaneiro 2008 14:27
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, mantivo unha conversa co presidente de Correos, José Damián Santiago, concidindo coa súa recente visita a Santiago de Compostela, na que este último confirmou o interese de Correos por abrir unha oficina técnica neste municipio. De feito, os informes cos que conta a compañía son todos favorables –incluido o máis importante, o do xerente territorial-, polo que unicamente resta a aprobación por parte do Consello de Administración.
A creación da oficina técnica en Ares, como subliñou o rexedor socialista, vén solventar as carencias que ten este servizo nun concello que cada ano incrementa a súa poboación. De feito, na actualidade Correos funciona en Ares como oficina auxiliar, limitando o horario de atención ao público e admisión ata as 11.30 da mañá, mentres que se fose oficina técnica os cidadáns terían toda a mañá para acudir ás instalacións –sería de 08.30 a 14.30 horas-. O cambio, que tamén supoñen a prestación de practicamente tódolos servizos que ofrece Correos, levaría consigo a contratación de, polo menos, outro traballador máis –xeralmente son dous, un a xornada completa e outro por catro horas-, para garantir a atención ao público durante toda a mañá e o reparto de correspondencia.
De acadarse esta categoría, rematarían unhas negociacións iniciadas hai uns meses por Julio Iglesias ante as carencias detectadas no servizo de Correos en Ares, que o levaron a manter diversas reunións co responsable provincial, o xerente da rede de oficinas da zona norte e, xa estes últimos días, co presidente de Correos. Ademais, o alcalde confiou en que o Consello de Administración da empresa acate os informes e dea o visto bo á creación da oficina técnica en Ares, o que sería unha moi boa noticia para este concello.

MOCIÓNS AO PLENO
Precisamente sobre esta cuestión versan dúas mocións que se serán obxecto de debate na sesión ordinaria do pleno da corporación, que terá lugar mañá xoves ás 12.00 horas. En concreto, a presentada polo PSOE –a outra é do BNG- pide o respaldo do resto de grupos políticos nas xestións que vén realizando o alcalde socialista perante os diferentes responsables de Correos para acadar a mellora do servizo, lembrando os trámites levados a cabo ata o de agora polo equipo de goberno nesta dirección.

MUNICIPIO TURÍSTICO
A orde do día do pleno ordinario tamén inclúe outros puntos de interese, como o de dar conta da sentenza do Tribunal Supremo que confirma a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, a proposta de creación da Xunta Local de Seguridade ou o que someterá á consideración dos grupos municipais a petición á Consellería de Innovación e Industria da declaración do Concello de Ares como “Municipio Turístico”.
A este respecto, cabe descatar que a concesión desta categoría suporía a posibilidade de acceder a un maior número de subvencións, ademais dos propios beneficios que terían no ámbito propiamente turístico. Na actualidade, o Concello ultima a recopilación de datos para, a continuación, presentalos perante a Consellería de Innovación e Industria.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares