Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O conselleiro de Traballo subliña en Ares a súa aposta por proxectos nos que se prime a conservación do patrimonio e a creación de emprego
30 Xaneiro 2008 14:25
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, afirmou esta mañá en Ares, no marco dunha visita institucional a este municipio, que este Concello poderá contar co departamento que dirixe para por en marcha aqueles proxectos nos que se prime a creación de emprego, sobre todo daqueles colectivos máis desfavorecidos –como as mulleres-, e ademais axuden á conservación do patrimonio. Como dixo o conselleiro, neste esforzo por manter en bo estado o patrimonio histórico do municipio, xerando postos de traballo, este departamento da Xunta xoga un importante papel, posto que “nós temos os instrumentos para facelo”.
Ricardo Varela, que mantivo un encontro co alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a delegada provincial de Traballo, María Debén, asegurou que unha vez que o Concello de Ares presente o proxecto de taller de emprego que xa ten ultimado, será estudado con interese. “Se nos presentan un proxecto ben feito, o que non dubido, que cree emprego, incorpore mulleres ao mundo laboral e axude á conservación do patrimonio, será estudado con cariño por esta Consellería”, asegurou. Deste dixo, engadíu, o taller de emprego podería ser unha realidade nun futuro inmediato.
Varela deu algunhas cifras que constatan o traballo que está a facer este departamento na formación e integración ao mundo laboral dos cidadáns en situación de desemprego. Así, informou de que este ano son 1.200 os traballadores que se están formando grazas a estas políticas, dos que máis do 60% son mulleres. A inversión nesta materia, subliñou, supera os 11 millóns de euros. Tamén asegurou que “Galicia está na situación máis positiva dos últimos 25 anos”, en referencia aos datos de desemprego, que amosan os “bos resultados” das diferentes iniciativas que está a desenvolver a Xunta de Galicia.
Por outra banda, o conselleiro de Traballo explicou que este departamento está a levar a cabo políticas de descentralización, nas que “os Concellos son fundamentais”, xa que son os mellores coñecedores da realidade de cada municipio.
Varela, finalmente, agradeceu ao alcalde de Ares, Julio Iglesias, “o empeño por sacar adiante Ares”, ao tempo que afirmou que “contará para ese traballo con esta Consellería”.
Precisamente o rexedor socialista foi o que explicou aos medios de comunicación algúns dos proxectos que se pretenden executar polo taller de emprego, cuxa solicitude será formalizada próximamente. Entre éstes, atópase a recuperación das baterías de costa e do entorno do mosteiro de Santa Catalina, lugares, xunto coa Casa do Patín, nos que o conselleiro de Traballo rematou a súa visita oficial a Ares. Iglesias, neste sentido, avanzou que, se ben existe un proxecto moi ambicioso para o cenobio, que polos avances do plan director que se está a redactar dende a Dirección Xeral de Patrimonio apuntan cara o reforzo do sector servizos, hai outra parte que estaría incluida no mesmo.
Trátase do entorno do mosteiro, que como apuntou o alcalde, non ten o mesmo valor patrimonial de santa Catalina pero permite actuacións complementarias e de posta en valor de toda a zona, como son as caballerizas, xardíns, hortas, hospitaliño ou o complexo arquitectónico militar do século XIX de baterías de costa. Todo isto, segundo Iglesias, “pode ser rehabilitado” con persoal cualificado, como carpinteiros, expertos en tratamento da pedra, etc., que serían formados no popio taller.
Ademais, o rexedor destacou a colaboración e axuda económica que vén prestando a Consellería de Traballo noutros ámbitos municipais, coa posta en marcha de programas que permitiron a posta en marcha da Oficina Municipal de Atención ao Consumidor, a contratación dun orientador laboral ou dunha axente de desenvolvemento local, entre outras actuacións. “Todo isto sería impensable sen os programas que, ano tras ano, a Consellería de Traballo, está a executar no Concello de Ares”, indicou Julio Iglesias, que agradeceu o esforzo do conselleiro por acudir a este municipio e interesarse persoalmente polos proxectos que pretende desenvolver o equipo de goberno.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares