Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares celebra este sábado o I Certame de Rondallas "Gildo Illobre"
23 xuño 2016 09:09
I CERTAME DE RONDALLAS
O Concello de Ares rinde homenaxe a Gildo Illobre coa celebración este sábado 25 de xuño dun Certame de Rondallas que levará o seu nome, e que conta cun amplo programa de actividades durante toda a xornada.
Así, a intensa programación dará comezo ás 16.30 horas co descubrimento dunha praca no local de ensaio de Lubre, que a partir dese momento pasará a chamarse “Gildo Illobre”, en sinal de recoñecemento ao seu papel no eido da música e da cultura do municipio ao longo de tantos anos e o agradecemento por esta labor de tódolos seus veciños.

Tras isto, en torno ás 17.15 horas, os presentes acudirán á Casa Consistorial, onde terá lugar unha recepción institucuinal á familia do homenaxeado e aos representantes das Rondallas que participarán desta sinalada data.

Ás 17.30 horas, terá lugar na Praza da Igrexa a concentración de Rondallas, de onde partirán para realizar un pasarrúas polo paseo marítimo –avenida Saavedra Meneses- con parada de novo no Concello.

Tras isto, as rondallas desprazaranse á carpa instalada no Parque Rosalía onde actuarán. As rondallas presentes nesta homenaxe serán a Rondalla Añoranzas, Agrupación Artística Bohemios, Rondalla Club de Campo, Rondalla Lucero del Alba, Rondalla Mugardesa, Rondalla Sonidos del Alba e a Rondalla Trovadores de Ares.

Ao remate das actuacións, en torno ás 22.00 horas, haberá unha entrega de agasallos tanto á familia do homenaxeado como a tódolos participantes.
Dende o Concello animan aos veciños a participar destes actos que servirán para rendir homenaxe a unha persoa tan vencellada a Ares e á súa música como é Gildo Illobre.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares