Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello lembra aos aresáns que a calidade da auga é boa e non precisa de depuradora algunha
29 Xaneiro 2008 12:07
O goberno local de Ares quere saír ao paso das afirmacións que está a realizar unha empresa que estes días tenta vender unha especie de depuradora de auga polos domicilios do municipio, afirmando que a súa calidade é mala e que incluso é nociva para a saúde. Segundo asegura o Concello, a auga da traída é de boa calidade e axeitada para o consumo humán, polo que non é necesario instalar ningún tipo de aparello para depurala.
Os responsables municipais, que queren deixar claro que a súa intención non é a de interferir no libre mercado, subliñan tamén que a administración local non ten nada que ver con esta compañía e que tampouco está relacionada coa empresa que presta o servizo de agua no municipio, Aquagest.
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Ares está a recibir varias queixas decidadáns, que alertaron do que está sucedendo. Segundo narraron, o modus operandi da empresa consiste nunha primeira chamada, na que se ofrecen a acudir ao domicilio particular do veciño en cuestión para facerlle unha analítica da súa auga. Nesta visita, realízase unha especie de proba, cuxo método foi posto en tela de xuízo por algúns dos denunciantes, na que os comerciais conclúen que a auga non é boa e que incumple os parámetros establecidos pola Organización Mundial da Saúde debido á presencia no líquido de minerais e de residuos. É entón cando din que é necesario un aparato que depura a auga, que o ofrecen e que incluso se pode pagar a prazos, cuxo prezo supera os 2.000 euros.
Unha vez coñecidos os feitos e recopilada a información pertinente, a OMIC de Ares os porá en coñecemento do Instituto Galego de Consumo para que, se así o estima, interveña.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares