Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O concello rinde homenaxe a Gildo Illobre cun certame de rondallas que levará o seu nome
26 Maio 2016 14:43
I Certamen de rondallas Gildo IllobreI Certamen de rondallas Gildo Illobre
A concellaría de Cultura organiza o I Certame de Rondallas “Gildo Illobre”, que se celebrará o día 25 de xuño, e conta cunha ampla programación de actos durante a xornada

O Concello de Ares rinde homenaxe a Gildo Illobre coa celebración o próximo 25 de xuño dun Certame de Rondallas que levará o seu nome. Precisamente hoxe, levouse a cabo a presentación do amplo programa de actividades previsto para tan sinalada data.

O acto desta mañá estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández, xunto coa viúva do homenaxeado, Concha Saavedra, ademais de contar coa presenza de representantes da Rondalla Trovadores de Ares, e da empresa colaboradora Bodegas y Vinos Ares.

Segundo se informou hoxe, o I Certame de Rondallas “Gildo Illobre” incluirá un amplo programa de actos que se celebrarán durante a toda a tarde do 25. Así, ás 16.30 horas descubrirase unha praca no local de ensaio de Lubre, que a partir dese momento pasará a ter o nome de “Gildo Illobre”, en sinal de recoñecemento á súa labor no eido da música e da cultura do municipio e o agradecemento de tódolos seus veciños.

A continuación, ás 17.30 horas, terá lugar na Praza da Igrexa a concentración de Rondallas, de onde partirán para realizar un pasarrúas polo paseo marítimo –avenida Saavedra Meneses- con parada no Concello.

Tras isto, as rondallas desprazaranse á carpa instalada no Parque Rosalía onde actuarán. As rondallas presentes nesta homenaxe serán a Rondalla Añoranzas, Agrupación Artística Bohemios, Rondalla Club de Campo, Rondalla Lucero del Alba, Rondalla Mugardesa, Rondalla Sonidos del Alba e a Rondalla Trovadores de Ares.

Ao remate das actuacións, en torno ás 22.00 horas, haberá unha entrega de agasallos tanto á familia do homenaxeado como a tódolos participantes.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares