Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
As actividades do Entroido comezan o domingo coa exposición das pinturas do concurso infantil
29 Xaneiro 2008 11:23
O Entroido ven este ano cargado de actividades no Concello de Ares. A área de Cultura, que dirixe a edil socialista Ana Fernández Coira, pechou hai días o programa de actos, que arrancarán o vindeiro domingo e se desenvolverán ata o Mércores de Cinza, festividade local.
Precisamente o domingo, ás 10.00 horas, inaugurarase, na carpa instalada na Praza da Constitución, a exposición das pinturas que participaron no concurso infantil do Concello. Xa pola tarde, ás 17.00 horas, procederase ao lanzamento de fogos artificiais dende a rampa do Casino, que servirán de pistoletazo de saída a estas festas. A continuación, haberá un desfile de comparsas e disfraces, que discurrirá dende a ponte da Ciscada ata a praza da Constitución, donde o animador Pedro Brandariz presentará á concelleira de Cultura, Ana Fernández, encargada de inaugurar o Entroido de Ares 08.
Esa mesma tarde tamén se fallarán e entregarán os premios do concurso de pintura, do de disfraces infantil e de adultos –inclúe a actuación de comparsas, cada unha con dúas cancións, e o premio para a comparsa máis numerosa-. Despois destas actividades, que serán amenizadas polo animador con monólogos, haberá un desfile das comparsas, que irán cantando ata a Ponte da Ciscada. A xornada rematará como comezou, é dicir, cunha carga pirotécnica dende a rampa do Casino.
O luns, día 4, os máis pequenos serán os protagonistas, xa que entre as 17.00 e as 19.00 horas terá lugar un obradoiro de maquillaxe e máscaras na biblioteca municipal. Esta actividade vai dirixida a tódolos cidadáns que queiran acudir e que teñan máis de tres anos.
A segunda xornada do Entroido, a do mércores día 6, comezará co lanzamento de fogos artificiais dende a rampa do barco, ás 16.45 horas. A esta mesma hora, sairán da ponte da Ciscada o pasarrúas con bailarines, batucada, carroza, entroidos e disfraces, estando prevista a súa chegada á praza da Constitución ás 17.00 horas.
Ás 18.00 horas, as bailarinas actuarán no escenario e unha hora e media máis tarde procederase á entrega de premios do Entroido. A degustación de chocolate con orellas, as bromas e o desfile de bailarinas e batucada ata a entrada do pobo, así como outro dos entroidos ata a praia para a queima dos mesmos –iniciativa que terá lugar ás 20.20 horas-, porán fin ás actividades do Entroido deste ano, que se despedirán como comezaron, co lanzamento de fogos de artificio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares