Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O servizo de aluguer de bicicletas, Bicicletares, entrará en funcionamento en Semana Santa
24 Xaneiro 2008 13:53
O servizo de aluguer de bicicletas, “Bicicletares”, comezará a funcionar en Semana Santa, cumprindo, deste modo, e salvo imprevistos de última hora, as previsións do goberno local. Na comisión de Deportes desta mañá se deu conta ao resto dos grupos con presencia na corporación sobre o desenvolvemento da iniciativa, que se enmarca dentro do Plan de Dinamización do Produto Turístico de Ferrol e Ortegal. Na actualidade, as obras e o concurso xa foron adxudicados por parte da Deputación á empresa Bicicletas Guillermo, que se encargará de habilitar o soto da Alianza Aresana para convertilo na estación central, de construir o resto de aparcabicis que se situarán polo municipio -22 puntos en total, que garantirán máis de 200 prazas- e de subministrar as bicicletas. Neste sentido, hay que destacar que se adquirirán un total de 30 bicicletas, 20 delas de tamaño adulto e 10 infantís –en tres tamaños diferentes-, todas elas con casco e chaleco reflectante. Ademais, se mercarán dez sillas para levar aos máis pequenos e 20 cestas de transporte. Tódalas bicicletas levarán rotulados os anagramas do Plan de Dinamización e do Concello de Ares, así como un número.
Na comisión tamén se puxo de manifesto a posibilidade de establecer rutas, editando uns dípticos que servirían para que os usuarios coñezan algunhas das posibilidades que ofrece este municipio para facer en bici.


ESCOLAS DEPORTIVAS


Por outra banda, informouse dalgunhas actuacións relacionadas coas Escolas Deportivas do Concello, como a adquisición dun tapiz de ximnasia rítmica, a posibilidade de celebrar o vindeiro 1 de maio un encontro a nivel galego desta modalidade deportiva –o técnico deportivo xa está en contacto con varias federacións para pechar o tema- ou a recepción de ofertas para a compra dun cepillo barredor para o campo de fútbol de Prados Vellos, unha instalación que agora é municipal e, polo tanto, o seu mantemento corre a cargo do Concello.
A formación de monitores, a través dun curso anual de diferentes modalidades deportivas, que permita que os mozos e mozas de Ares poidan atopar unha saída laboral neste ámbito, xa que despois serían contratados para as Escolas Deportivas, tamén foi abordado na comisión desta mañá, na que se dixo que estas negociacións que se iniciarán con diferentes federacións deportivas teñen na súa orixe nos problemas existentes á hora de atopar monitores, sobre todo nalgunhas especialidades.
Outros puntos da orde do día foron o balance das actividades deportivas organizadas durante o Nadal, o desenvolvemento do torneo de fútbol sala intermunicipal, e a apertura da convocatoria de ideas e propostas, dirixida aos grupos municipais, para o programa de actividades na naturaza “Por terra, mar e aire!” correspondente a este ano.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares