Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 27 de Xaneiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Este sábado quedará inaugurado o Belén da Asociación O Tilo, un dos máis grandes de Galicia
01 Decembro 2015 12:39
O Concello de Ares informa de que este sábado, día 5, ás 13.00 horas, inaugurarase o tradicional Belén da Asociación Cultural O Tilo, unha entidade que vén colaborando dun xeito especial nestes anos co Concello nas diferentes iniciativas que desenvolve.
Como explicaron os responsables desta asociación, o Nacemento é un dos máis grandes de toda Galicia, xa que ocupa un espazo de, nada máis e nada menos, 70 metros cadrados. Nesta superficie están colocadas arredor de 200 figuras de barro lienzado de entre 17 e 21 centímetros (destas, vintecatro son móbiles), que representan distintas esceas propias do Belén. Ademais, e como sempre, todo o Nacemento está decorado con materiais naturais.
O Belén de O Tilo, instalado na sede da entidade –no número 182 da rúa María, na esquina coa avenida Federico García Expósito-, estará aberto ata o 10 de xaneiro, en horario de 16.30 a 20.00 horas, de luns a sábados, e de 11.30 a 13.30 e 16.30 a 20.00 horas os domingos. Nas xornadas festivas do 25 de decembro e 1 de xaneiro o Belén non estará aberto ao público.
Como en anos anteriores, a asociación local ofrece visitas aos centros escolares que o desexen e, a este respecto, únicamente pide que dende os colexios interesados se poñan en contacto para poder concertar dita visita e abrir, así, pola mañá. Para iso, poñen a disposición dos centros o teléfono 669 404 425.
A entrada ao Belén de O Tilo é, como sempre, de balde.
Os responsables da entidade queren agradecer públicamente a Pedro García Perullera, belenista asturiano afincado en Ares, o seu inestimable apoio na elaboración do Belén, xa que grazas á súa colaboración, xunto cos demais membros da asociación, resultou posible, un ano máis, facer realidade esta importante tradición convertida nun referente das datas de Nadal tanto en Ares como en toda a comarca.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares