Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 01 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Aberto o prazo de inscrición para participar na XI edición da Carreira Popular de Fin de Ano
25 Novembro 2015 13:26
Imaxe
As concellarías de Deportes dos concellos de Ares e Mugardos, organizan un ano máis, dentro das súas programacións deportivas de Nadal, a Carreira Popular de Fin de Ano, que conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e das empresas Begano e Gadis.

A celebración da que será a XI edición desta proba atlética terá lugar o domingo 27 de decembro, con saída ás once da mañá da Avenida de Galicia de Mugardos, xusto enfronte á Casa do Concello, para completar un total de 10 km. A carreira discorrerá polo casco de Mugardos a través da rúa María, avenida de Galicia e rúa dos Corzás, para tomar despois dirección cara Ares pola avenida de Mugardos ata o paseo marítimo (onde haberá avituallamento líquido), para continuar pola avenida Saavvedra Meneses ata o Mazote, para de novo retornar á avenida de Mugardos ata o cruce de Catro Camiños en Mugardos, onde se entra á rúa do Cristo para chegar á meta.

Na chegada, disposta na pista exterior anexa ao polideportivo, ubicarase un avituallamento sólido e líquido para os participantes na proba e, ademais, celebrarase un sorteo de dez cestas con produtos típicos do Nadal para os participantes que cheguen á meta.

O tempo estimado da proba é de entre 30 minutos e 55 minutos. Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos con cronometraxe electrónica nuha categoría única.

Ambos Concellos porán en marcha un dispositivo especial de tráfico e control das vías polas que trranscorre o evento co obxectivo de preservar a seguridade e o control da proba.

Os interesad@s, maiores de 16 anos, poderán obter máis información e apuntarse na páxina web da Federación Galega de Atletismo na pasarela http://carreirasgalegas.com. A inscrición ten un custe de 3 euros e a data límite establécese ata o 22 de decembro. As prazas son limitadas, cun máximo de 500.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares