Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 03 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Afombras florais nas nosas casa

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares considera moi positivo que o anteproxecto do presuposto da Xunta recolla por fin as inversións no Centro de Saúde e no Colexio
23 Octubre 2015 12:21
O alcalde de Ares recibiu a noticia de que no documento económico inclúense as partidas para a construcción do novo Centro de Saúde e a ampliación do CPI Conde de Fenosa, e agarda que sexa o derradeiro paso de cara a iniciar as obras.

O alcalde de Ares, o socialista Julio Iglesias, recibiu esta mañá o anuncio por parte da Xunta de Galicia do anteproxecto dos presupostos presentados para 2016, no que se inclúen as partidas necesarias para a construcción do novo Centro de Saúde e a ampliación do CPI Conde de Fenosa. Deste xeito, o documento económico recolle unha inversión de máis de dous millóns de euros para as obras do centro de saúde e unha partida de 248.000 euros para o proxecto de ampliación do colexio.
Iglesias manifestou a súa satisfacción pola nova xa que, segundo as súas palabras, trátase de dúas infraestruturas prioritarias para os veciños e veciñas de Ares, polos que a administración local leva loitando moito tempo. Neste sentido, o rexedor sinalou que agarda que esta vez a Xunta cumpra cos compromisos asumidos con Ares, unha vez que dende o Concello xa se levaran a cabo tódalas xestións e trámites esixidos dende o organismo autonómico. No caso do Centro de Saúde, o cumprimento das obrigas da administración local materializouse coa cesión da parcela anexa ao actual inmoble (coa oposición do PP local defensor de levalo a unha zona alonxada do casco urbán), a habilitación dun edificio municipal para ser utilizado como Centro de Saúde provisional durante as obras (que se ubicará no primeiro e segundo andar do antigo consistorio, na praza da Constitución) e a concesión da licencia de obra á Consellería dende o pasado 1 de abril. Dende o Consistorio lémbrase que a actuación no centro de saúde – que multiplicará por dous o espazo de pranta e o de alzado- suporá unha mellora fundamental na prestación dos servizos sanitarios coa habilitación de novas salas de consulta adaptadas ás necesidades dun municipio cunha poboación en notable aumento dende os últimos anos.
En canto á ampliación do Colexio, o Concello fixo tódolos trámites necesarios, tales como a cesión dos terreos para poder levala a cabo hai máis dun ano- tamén coa oposición do PP local- o que supuxo redactar e aprobar unha modificación das normas subsidiarias que permitise aumentar o espazo dotacional do actual centro, que polas súas dimensións facía inviable a súa ampliación ao non contar coa superficie suficiente, e poder adaptalo deste xeito ás necesidades do alumnado e á regulamentación vixente na materia.
Á vista do anuncio de hoxe, o alcalde de Ares felicítase pola inclusión das partidas para ambos proxectos e agarda que nesta ocasión se cumpra cos compromisos asumidos e a execución destas dúas infraestruturas se convirta nuha realidade canto antes.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares