Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 11 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Este xoves remata o prazo de incrición para participar na oitava edición do Encontro Infantil de Pesca
10 Agosto 2015 10:45
O cada vez máis destacado éxito de participación levou á Peña O Rodaballo de Ferrol e ao Concello de Ares a celebrar un ano máis, e xa van oito, o Encontro de Pesca Infantil “Concello de Ares”, que se desenvolverá na praia de Ares- na zona comprendida entre a caseta de socorrismo e a rampa do Club de Remo- na tarde do domingo día 16 do presente mes de agosto.
As persoas interesadas en tomar parte nesta actividade, que únicamente pon nos 18 anos o límite de idade para a participación, poden apuntarse ata este xoves, día 13, na Alianza Aresana ou ben no correo electrónico: rodaballoferrol@gmail.com. Todas as incricións deberán levar a pertinente autorización da nai/pai/titor do participante, documento que xa se inclúe na propia folla de inscripción.
O encontro comezará arredor das catro da tarde, coa concentración dos nenos e nenas (que, evidentemente, poderán estar acompañados ao longo da tarde dos seus pais) no mesón-pizzería Corbalán (no paseo marítimo). Media hora máis tarde procederase ao sorteo dos postos dos participantes, para iniciar a proba ás cinco da tarde. Ata as 20.00 horas, os rapaces poderán pescar, estando prevista a entrega de trofeos a todos os participantes- hai que lembrar que a proba non ten carácter competitivo- por parte dos organizadores dunha actividade que tamén inclúe a merenda aos nenos e nenas que tomen parte na mesma.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares