Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello presenta a IX edición do Concurso de Pintura Manuel Rebón
30 xullo 2015 10:49
ImaxeImaxeImaxe
A concellaría de Cultura, que dirixe o edil socialista Eugenio Fernández Lago, presentou hoxe a que será a novena edición do recoñecido Concurso de Pintura Concello de Ares- Manuel Rebón, unha iniciativa cultural xa consolidada, que cada ano esperta máis aceptación e interese.
De feito, tal e como indicou Fernández Lago, o grupo de goberno confía en seguir contando con obras de tanta calidade como as de edicións anteriores, que lle deron a este certame un enorme prestixio e o convertiron nun referente a nivel autonómico.
O certame, desenvólvese na súa totalidade en Cervás, facendo todo o concurso e mostra posterior nesta parroquia aresana. Nomeadamente no seu local social, o CIRS, entidade á que estaba moi vencellado Manuel Rebón, veciño finado hai anos e un dos pilares fundamentais da asociación, así como destacado aficionado á pintura.
Segundo informaron os organizadores, o prazo de presentación de obras quedará aberto do 1 ao 10 de setembro. O concurso, tal e como consta nas bases, vai dirixido a persoas maiores de idade, que poderán presentar no CIRS de Cervás -en horario de 19.00 a 21.00, de luns a venres, e de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas, os sábados e domingos- un máximo dunha obra, única e orixinal. Ésta deberá axustarse a óleos e acrílicos, de temática libre, cun máximo de 110 x 110 centímetros, incluíndo o marco.
O xurado, composto como tódolos anos por persoas vinculadas á cultura, fallará o premio o día 11 de setembro, que será entregado o día 26 de setembro no CIRS. A exposición será tamén no CIRS entre os días 13 e 26 de setembro, no horario de apertura do local social de Cervás.
O primeiro premio será de 1.200 euros, establecéndose dous accésit e un premio especial para o mellor pintor local que este ano como novidade incrementa a súa contía a 500 euros.
Tamén como vén sendo habitual, escolleuse unha das obras gañadoras de anos anteriores para ilustrar o cartel promocional e as bases desta nova edición, neste caso a titulada “Lembranzas de Ares”, do autor Gumersindo Vázquez Fraga, que resultou vencedora no sétimo Manuel Rebón 2013.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares