Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Mañá remata o prazo de inscrición para participar no Campus de Baloncesto Chiquibasquet e na Milla Urbana
28 xullo 2015 11:38
O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, informa que ata mañá mércores, 29 de xullo, ás 13 horas, atópase aberto o prazo de inscrición no campus de baloncesto Chiquibasquet 2015, que terá lugar do 3 ao 8 de agosto, de 10 a 13 h, no Pavillón Deportivo Municipal.
Os interesados poderán inscribirse acudindo ás instalacións do Pavillón deportivo municipal de Ares, en horario de 9 a 13 horas.
As idades ás que vai dirixida a iniciativa son todos os nenos e nenas de 5 a 18 anos. O custe do Campus é de 35 €. A segunda inscrición familiar será de 30 €. A inscrición dá dereito a participar no Campus incluindo un tentempé diario e a recibir ao remate un diploma e uns agasallos conmemorativos.
Ademais, dende a área que dirixe Eugenio Fernández, infórmase de que un ano máis, en colaboración con Begano, a Federación Galega de Atletismo e a Diputación da Coruña a través do Circuito provincial de carreiras populares, desenvolverase a tradicional Milla Urbana. A proba deportiva, que este ano celebra a súa edición número vintecatro, convertida xa nun clásico das actividade deportivas estivais da comarca, celebrarase o próximo 1 de agosto, con saída ás once da mañá do paseo marítimo (á altura da Praza da Igrexa) e disporá de distintas distancias, que van desde os 50 aos 1.609 metros, segundo as categorías e idades dos participantes.
As persoas interesadas en participar nesta proba deportiva de carreira a pé poderán apuntarse no formulario existente na páxina web da Federación Galega de Atletismo ata mañá mércores 29 de xullo ás 23.59 horas. Dende a organización lémbrase que non se admitirán incripcións o mesmo día da proba e que a participación está aberta a tódolos públicos, a partires dos 3 anos de idade.
En canto aos premios, haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría, nas dúas modalidades de masculina e feminima. A partires da benxamín haberá pódium da proba e ata a prebenxamín (incluida) tódolos participantes recibirán unha medalla.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares