Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares presenta a sexta edición do Campus de verán de fútbol do Celta de Vigo
16 xuño 2015 09:14
ImaxeImaxeImaxe
Un ano máis o Concello de Ares, a través da súa concellaría de Deportes, presentou o Campus de Fútbol de Verán que a Fundación Celta de Vigo levará a cabo o próximo mes de xullo no campo municipal de Prados Vellos.
Os nenos e nenas de 5 a 16 anos son os destinatarios desta iniciativa que xa nas edicións anteriores obtivo un importante éxito de participación e que nesta ocasión desenvolverase entre os días 13 e 17 de xullo, en horario matinal. Tal e como se informou durante a presentación celebrada onte, nesta edición, a sexta, introdúcese como novidade o feito de que en caso de rebasarse os cincuenta inscritos, os participantes contarán tamén co campo mugardés da Pedreira para poder desenvolver esta actividade.
Cada participante recibirá unha equipación completa de adestramento do Celta de Vigo e poderá disfrutar durante cinco días nos que mellorar o seu nivel futbolístico e convivir con outros nenos e nenas da súa idade. Na presentación, os organizadores explicaron a metodoloxía de adestramento, de forma que en cada xornada as/os nenos dividiranse en grupos e os monitores, procedentes do club olívico e con ampla experiencia na formación deportiva, realizando diversos xogos nos que combinar a aprendizaxe dos aspectos técnicos sen perder de vista o carácter lúdico.
O prezo é de 130 euros para o público en xeral, establecéndose descontos para diversas categorías, que poderán consultarse na dirección www.fundacioncelta.com, onde tamén formalizar a inscripción. No caso dos empadroados/as en Ares ou en Mugardos, xogadores das categorías inferiores do Numancia ou do Galicia de Mugardos, e aboados do Celta de Figo e/ou a Fundación o prezo é de 115 euros.
A presentación celebrada onte no consistorio aresán, na que estiveron presentes o o edil de Deportes, José Juan Vilar, xunto con representantes do Concello de Mugardos, o Presidente da Fundación do Celta de Vigo, Germán Arteta, os membros das directivas do Numancia SDR e o Galicia de Mugardos, Francisco Manuel Iglesias e Antonio Martínezx Romero; así como o Delegado da Federación Galega de Fútbol en Ferrol Manuel Mesa, colaboradores todos eles nesta edición do Campus, serviu para dar conta de todos estes detalles, ademais do obxectivo principal da iniciativa que, tal e como sinalaron os seus responsables, pretende achegar os valores do deporte á sociedade, tales como a superación, o traballo en equipo, o compañeirismo ou a creatividade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares