Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares acollerá por terceiro ano consecutivo o Campus para porteiros dirixido por Diego Rivas
16 xuño 2015 09:12
Imaxe
A área de Deportes do Concello de Ares, que dirixe o edil socialista José Juan Vilar, organiza, unha vez rematado o curso escolar, o “III Campus para porteiros Diego Rivas- Concello de Ares”. Dito campus terá lugar o mércores 24 e o xoves 25 en xornada de mañá, de 10.00 a 13.30 horas, así como na xornada do venres 26, incluindo o xantar, e rematando ás 18.30 horas, no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.
O campus estará dirixido polo porteiro Diego Rivas, na alctualidade gardamallas profesional do Albacete Balompé S.A.D., e diplomado en Maxisterio na especialidade de Educación Física, que coordinará un grupo de traballo composto por porteiros de fútbol e adestradores de porteiros cunha contrastada experiencia.
O propio Rivas, presentou onte a iniciativa, xunto co concelleiro de Deportes José Juan Vilar, o técnico deportivo Javier Sánchez, o delegado da Federación de fútbol Manuel Mesa, e os representantes do Numancia SRD e o Galicia de Mugardos Francisco Manuel Iglesias e Antonio Martínez Romero, que compareceron na alcaldía do Concello de Ares para presentar os detalles desta actividade, que se suma á completa programación deportiva que a administración local ten organizada para o verán. De feito, Rivas destacou a importancia deste Campus na oferta da comarca para “polos valores técnicos e persoais que inculca nos rapaces”, dixo o gardamallas do Albacete, que resaltou que, ademais, iniciativas deste tipo axudan a poñer en valor o papel dos porteiros no mundo do fútbol.
Este campus deportivo, adicado de forma específica aos porteiros de fútbol, vai dirixido aos rapaces de 6 a 16 anos, dividíndoos á súa vez dunha forma didáctica e pedagóxica en tres grupos: iniciación (de 6 a 9 anos), formación (de 10 a 13 anos) e consolidación (de 14 a 16 anos).
Os organizadores informaron de que as 42 prazas dispoñibles foron cubertas, por rigurosa orde de inscripción, aos poucos días de abrirse o prazo para apuntarse. Segundo explican os responsables, o prazo para inscribirse está xa pechado, debido á grande demanda que tivo esta convocatoria.
Na inscrición inclúese unha equipación de porteiro da prestixiosa marca Soloporteros valorada en 95 euros; un temtempé diario a media mañá, consistente nun minibocata, auga e lácteo ou froita; o xantar do venres 26 de xuño e xogos acuáticos na praia de Ares; un diploma acreditativo; e o sorteo de diferentes agasallos donados polos patrocinadores.
Esta III edición do Campus Diego Rivas-Concello de Ares contará coa colaboración de diferentes entidades e empresas que fan posible esta iniciativa deportiva que, como destacaron os responsables políticos da administración local, tratará de contribuir ao proceso de formación dos rapaces, abordando de xeito multilateral a especificidade e a especialización que a figura de gardamallas ten no contexto do fútbol actual, sempre dende unha vertente educativa.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares