Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 22 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Pleno aproba unha modificación de crédito para a execución de obras, co voto en contra do PP e o BNG
06 xuño 2015 12:26
O grupo de goberno do Concello de Ares, do PSOE, logrou sacar adiante no Pleno celebrado onte unha modificación de crédito que permitirá a execución de diversas obras no municipio, e isto a pesar da pinza formada polo PP e o BNG, que rexeitaron a iniciativa para tratar de tumbar, unha vez máis, as propostas do grupo de goberno municipal.
Neste sentido,o alcalde en funcións, Julio Iglesias, sinalou que grazas á modificación de crédito aprobada onte poderanse executar varias obras, que dependen de subvencións concedidas ao Concello e da aportación municipal ás mesmas, polo que non entende a postura de populares e nacionalistas, e a súa negativa a que se podan levar a cabo proxectos tan importantes para os veciños do municipio.
Iglesias indicou que o Concello dedicará o modificado de 310.000 euros a unha serie de actuacións de mellora que incluén obras tanto no casco urbano como nas parroquias, tales como un Centro de Transformación para a casa do Concello e os edificios do seu entorno, a construcción dunha pista polideportiva en Pedrós, a execución dun parque infantil e biosaludable en Pedrós, a mellora do alumeado no caso urbano ou a reforma dun edificio municipal para centro sociocomunitario, que tamén funcionará como centro de saúde provisional durante a construcción do novo, entre outras actuacións.
Deste xeito, o modificado permitirá a dotación dun Centro Transformador ao edificio do Concello, que suporá reforzar a electricidade nos edificios do entorno do consistorio e o mercado. Esta obra conta cun importe de 64.000 euros.
Outra das inversión que se contempla é a execución dunha pista polideportiva en Pedrós, cunha inversión total de 96.755,85 euros, e que suporá incrementar a oferta en infraestruturas e novos equipamentos do complexo deportivo de Pedrós que permitirá a práctica de novos deportes, como o baloncesto, aos xóvenes.
Outra partida do modificado de crédito irá destinada á reforma do alumeado público no casco urbano de Ares (cun presuposto de 39.997,50 euros), a cal implica a sustitución das luminarias actuais por outras de baixo consumo. Outra das actuacións que inclúe o modificado é a execución de reforma dun edificio municipal para centro sociocomunitario. A obra, que ten un presuposto de 105.846,73 euros, permitirá tanto á veciñanza como ás entidades e asociacións municipais contar cun espazo no que levar a cabo diversas actividades. Ademais, o edificio servirá como centro de saúde provisional durante a execución das obras de construcción do novo, que xa conta coa licencia municipal. Tamén neste modificado contémplase a construcción dun parque infantil e biosaludable en Pedrós, unha actuación que conta cun presuposto de 27.0939, 82 euros e servirá para dotar a este lugar do municipio dun equipamento de ocio e encontro veciñal.
Todas estas actuacións sufragaranse con subvencións doutras administracións e contan con aportación municipal para as mesmas, polo que a súa aprobación permitirá á administración local poder levalas a cabo, coa incomprensible oposición do BNG e do PP.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares