Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O mosteiro de Santa Catalina acolle un ano máis as Xornadas sobre a Violencia de Xénero que organiza o Concello de Ares o vindeiro 5 xuño
27 Maio 2015 11:42
Imaxe
A Concellaría de Muller, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, a través do Centro de Información á Muller do Concello de Ares (CIM) e en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza as que serán as oitavas Xornadas sobre a Violencia de Xénero, que se desenvolverán o vindeiro 5 de xuño no mosteiro de Santa Catalina.
Tal e como explicaron os responsables municipais na comisión informativa de Servizos Sociais celebrada a pasada semana, esta actividade que terá lugar ao longo de toda a xornada, comezará ás 9.30 horas coa entrega do material correspondente ás persoas inscritas previamente e a inauguración a cargo do alcalde de Ares, Julio Iglesias.
A primeira das conferencias, ás 10.30 horas, levará o título de “As raíces da violencia de xénero”, que será impartida por Concepción Rodríguez Pérez, psicóloga e coordinadora da Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e será moderada por Lucía Regueira Martínez, educadora familiar do Concello de Ares.
Despois dunha pausa para un café, comezará o segundo dos coloquios, ás 12.15 horas, neste caso baixo o título “O Centro de Recuperación Integral: un modelo pioneiro de atención ás vítimas de violencia de xénero”. Dolores Molins Suárez, directora e psicçologa do CIM de Ares, será a moderadora desta charla que impartirá Begoña Riveira Barros, directora do Centro de Recuperación Integral da muller vítima da violencia de xénero.
“O amor e a violencia: unha relación preigosa nos/as adolescentes” é o título da primeira das conferencias da tarde –ás catro-, na que intervirá Yolanda Rodríguez Castro, doutora en psicopedagoxía e profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación do Campus de Ourense. Ángel Montenegro, da Casa da Xuventude do Concello de Ares, moderará a charla.
Ás 17.30 horas, e despois dunha pausa dun cuarto de hora, tocaralle a quenda a Pablo Raúl Bonorino Ramírez, profesor titular de Filosofía do Dereito na Universidade de Vigo, que falará sobre “A violencia sexual nas pantallas”. Neste caso a moderadora será Dolores Castro González, abogada do CIM do Concello de Ares.
Tras outra brece pausa, ás sete da tarde dará comezo a derradeira actividade das xornadas, cunha conferencia sobre “A violencia de xénero entre as persoas maiores” impartida por Cándida Rodríguez Ferro, psicóloga do CIM de Coirós e experta en mediación, intermediación e violencia de xénero. A moderadora será Victoria Montenegro, concelleira de Muller do Concello de Ares.
Tras o coloquio, ás 20.30 horas, as xornadas serán clausuradas e procederase á entrega de diplomas a os e as asistentes a esta actividade .

PRAZO PARA INSCRIBIRSE

Dende a área de Muller do Concello de Ares infórmase aos interesados en tomar parte nestas xornadas, que é de balde, que poden incribirse para participar nas mesmas ata o día 4 de xuño. Para facelo, deberán chamar ao teléfono 981468102, a través do correo xornadas.ares@gmail.com ou acudir ao Consistorio, onde se lles facilitará a ficha que haberá que cubrir. Como en anos anteriores haberá un espazo de atención á infancia para as persoas que acudan cos seus fillos/as.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares