Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Alianza acollerá o xoves a presentación do libro "Mediomedo", obra de Ana María Fernández e Antonio Seijas
21 Abril 2015 11:06
Imaxe
Con motivo da celebración do Día do Libro, o salón de actos da Alianza Aresana acollerá este xoves, días 23 de abril, a partires das sete da tarde, o acto de presentación do libro “Mediomedo”, obra da autora Ana María Fernández e do ilustrador local Antonio Seijas. No acto, no que intervirán autora e ilustrador, e asinarán exemplares do libro, contará coa presenza tanto do alcalde, Julio Iglesias, como do concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández.
Ana María Fernández (Palma de Mallorca, 1949) é unha escritora galega residente na Coruña, que durante a súa carreira preparou varios libros escolares relacionados coa aprendizaxe da lingua e diversas traducións de obras infantís ao galego. A súa produción literaria, abrangue a narrativa e o teatro, xunto coa poesía, que lle proporcionou numerosos recoñecementos. Concedéronlle, entre outros, os premios O Facho (de contos e de teatro) e El Barco de Vapor.
Antonio Seijas naceu en Ares en 1976 e o seu primeiro álbum de banda deseñada; Un Hombre Feliz, resultou gañador do Certame de Banda Deseñada “Castelao” da Deputación de A Coruña, con prólogo de Miguelanxo Prado, e tamén recibiu o premio de mellor guión, por votación popular, no Saló del Cómic de Barcelona en 2008. “Cartas de Inverno”, versión en banda deseñada da obra do mesmo nome de Agustín Fernández Paz, foi premiado na "Noite da Edición” co "Isaac Díaz Pardo" ao mellor libro ilustrado do 2012. Coa súa obra La Luz, acadaou a nominación a Mellor obra Nacional de 2014 nos Premios Expocómic.
No campo da ilustración, fai traballos para revistas, xornais, webs, cubertas de libros así como ilustracións para literatura infantil e xuvenil en diferentes editoriais. Tamén realiza traballos para grupos e discográficas (cubertas, libretos, logos, carteis…), recibindo excelentes críticas en diversos medios nacionais e estranxeiros.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares