Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares remata as obras de asfaltado e mellora viaria con cargo ao DTC-93
07 Abril 2015 11:44
O Concello de Ares, a través da área de Urbanismo, que dirixe a edil socialista Olimpia Marcos García, vén de rematar a execución das obras de reparación e pavimentación en diferentes camiños do municipio, que se financiaron con cargo aos 105.845 euros que o Concello recibiu do plan provincial DTC 93.
Un dos proxectos incluidos neste plan foi o de reparación e pavimentación do camiño do Raso á carretera provincial CP-0401 e do camiño de Regueiras, que contou cun presuposto de 35.061,34 euros. A intervención consistiu na reparación e acondicionamento destes camiños rurais actualmente en malas condicións, mediante o rasanteo parcial dos mesmos para pavimentalos con triple riego asfáltico. Ademais, as obras incluiron traballos de limpeza e apertura nas cunetas para a correcta evacuación das augas. Os tramos obxecto de actuación contan cunha lonxitude de 435 metros no caso do primeiro e de 80 metros no segundo.
Outro dos proxectos foi a reparación e pavimentación do camiño de Mazaído a Rúa Nova (Sabadelle). O camiño obxecto da intervención conta cunha lonxitude de 650 metros. As obras consistiron no rasanteo parcial e reparación de baches, para a posterior pavimentación do viario co correspondente tratamento de triple riego asfáltico. O proxecto incluiu a limpeza das márxenes e cunetas donde resultou necesario, así como a elevación das tapas dos pozos de rexistro existentes. A actuación contou cun presuposto de 39.020,31 euros.
O paquete de obras complétase co proxecto de reparación do camiño de Pedrós, cun orzamento que ascendeu a 31.764,19 euros. A intervención neste vial de 1.620 metros de lonxitude e un ancho medio de cinco, consistiu na reparación do pavimento do camiño mediante un tratamento superficial de doble riego asfáltico.
A elección das vías nas que se actuou responde a mellorar as comunicacións e evitar un deterioro maior dos mesmos pola pérdida de material superficial, debido ao elevado tráfico que soportan, e que dan servizo a núcleos de poboación, praias, equipamentos e zonas agrícolas.
As obras foron executadas pola empresa Construcciones Ogando.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares