Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 02 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Continúa o dispositivo especial de tráfico con motivo dos actos da Semana Santa
30 Marzo 2015 07:54
O Concello de Ares informa, a través da súa Policía Local, do dispositivo especial previsto para estes días co gallo da celebración da Semana Santa, que en Ares ten unha especial tradición e participación cidadá.
Deste xeito, tras as medidas adoptadas con motivo da procesión do Domingo de Ramos, nos vindeiros días nos que se celebren os actos relixiosos adoptaranse unha serie de medidas que afectarán, fundamentalmente, ao estacionamento e ao tráfico rodado por algunhas das vías da vila co obxecto, precisamente, de facilitar o normal desenvolvemento dos mesmos.
Así, mañá martes, día 31, terá lugar un Vía Crucis con saída da praza da Igrexa e percorrido pola rúa Real, María, cruce do bazar “Moncho” e regreso pola rúa Real ata a praza da Igrexa. Por esta razón, nestas rúas, entre as 19.00 e as 22.30 horas, estará cortado o tráfico para toda clase de vehículos, así como prohibido o estacionamento.
Na xornada do Xoves Santo, día 2, celebraranse dúas procesións, polo que estará cortado o tráfico ao paso das mesmas e tamén o estacionamento entre as 16.00 e as 00.00 horas. Nesta ocasión, as rúas afectadas serán a praza da Igrexa, a rúa Real (entre a praza da Igrexa e a rúa Xuncal), Xuncal e rúa María (entre Xuncal e o “Gran Barato”).
Unha das principais xornadas será, un ano máis, a do Venres Santo, día 3 de abril. Durante as diferentes procesións, tanto durante a mañá como pola tarde, prohibirase a circulación de vehículos, ademais de non permitir aparcar entre as 08.00 e as 00.00 na praza da Igrexa, rúa Real (entre a praza da Igrexa e a rúa Xuncal), Xuncal e rúa María (dende a rúa Xuncal ata o “Gran Barato”).
O Sábado 4 pecharase o tráfico e prohibirase o estacionamento na praza da Igrexa entre as 20.30 e as 00.00 horas.
Finalmente, o Domingo de Resurrección, día 5, prohibirase a circulación mentres se celebra a procesión (entre as 10.30 e as 12.15 horas, aproximadamente), aínda que estará permitido o estacionamento. Neste espazo de tempo non se permitirá a incorporación á circulación dos vehículos estacionados no treito comprendido entre a igrexa parroquial, rúa Real, avenida de Mugardos, rúa Celso Emilio Ferreiro e a avenida Tucho Vilasánchez ata a igrexa de Lubre.
A Policía Local pide a comprensión e colaboración cidadá para garantir que os actos relixiosos da Semana Santa, de fondo arraigo en Ares, se desenvolvan con normalidade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares