Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares aproba unha declaración institucional sobre o acceso aos novos tratamentos contra a Hepatite C
26 Marzo 2015 13:01
Imaxe
A corporación municipal de Ares aprobou por unanimidade no marco da sesión plenaria celebrada esta mañá unha declaración institucional sobre o acceso aos tratamentos de última xeración para as persoas doentes de Hepatite C.
A iniciativa, impulsada pola Plataforma de Afectados, reivindica que as persoas doentes, cifradas en 700.000 no conxunto do Estado, poidan ter acceso á medicación que precisan para o tratamento da enfermidade. Así o explicaron dous dos membros da Plataforma ao inicio do Pleno de hoxe, no que tomaron a palabra para explicar a grave situación que están a padecer e que lles impide acceder aos fármacos que precisan.
Tamén os voceiros de tódolos grupos municipais interviñeron para amosar o seu respaldo ás demandas das persoas doentes e á declaración instucional que foi aprobada por unanimidade.
Nomeadamente, o texto aprobado hoxe insta ao Goberno de España a garantir o acceso ás novas terapias para os doentes de Hepatite C que o precisan, de acordo co criterio dos especialistas que atenden cada caso, dispoñendo os recursos que sexan precisos para a atención dos casos definidos como de tratamento urxente pola Asociación Española para el Estudio del Hígado, cifrados por este nun mínimo de 30.000 para o ano en curso, na súa recente reunión co Ministerio de Sanidad, Igualdad y Asuntos Sociales.
Ademais, a declaración institucional aprobada insta ao goberno da Xunta de Galicia a tomar as medidas necesarias para que a terapia cos novos fármacos para a Hepatite C se dispense nas farmacias hospitalarias a aqueles doentes aos que lles sexa prescrita polos seus médicos especialistas do Servizo Galego de Saúde, de xeito inmediato á súa prescrición e sen máis requisito que esa prescrición facultativa.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares