Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares rinde homenaxe a Ángel Bouza pola súa labor na asociación cultural O Tilo
25 Marzo 2015 13:19
ImaxeImaxeImaxeImaxe
O salón de Plenos do Concello de Ares acolleu esta mañá unha recepción institucional a Ángel Bouza, en sinal de recoñecemento á labor desempeñada ao longo de todos estes anos na Asociación Cultural O Tilo. No acto de hoxe, presidido polo alcalde, Julio Iglesias, estiveron presentes membros do grupo de goberno e da corporación municipal, ademais de representantes de distintas asociacións, familiares do homenaxeado e veciños e veciñas de Ares.
Durante este emotivo acto, o rexedor municipal destacou o traballo desempeñado por Ángel Bouza ao longo de máis de vinte anos, en épocas nas que a mocidade do municipio non contaba coa oferta de ocio existente na actualidade, e na que O Tilo se constituiu como un referente cultural para os rapaces e rapazas de Ares. Iglesias quixo destacar a importancia que O Tilo tivo sempre na organización de todo tipo de eventos vinculados ao municipio, e que sin a súa colaboración e traballo non resultarían posibles. O alcalde ensalzou a figura de Ángel Bouza, agradecendo a súa entrega e dedicación ao longo dos anos, nos que sempre estivo vinculado a todas as actividades culturais desenroladas polo Tilo, converténdose nun referente da asociación, ademais de prestar sempre a súa colaboración a outras entidades, que tamén quixeron amosarlle o seu agradecemento no día de hoxe.
De feito, membros da Cofradía de Jesús Nazareno y Nuestra Señora Soledad de Ares presentes no acto, fixeron entrega a Ángel Bouza dunha praca en sinal de recoñecemento á súa colaboración coa Semana Santa, que se sumou ao agasallo institucional que lle foi entregado en mans do alcalde e que consisitiu noutra praca conmemorativa, un libro e un cadro co escudo do Concello. Tamén Mar Bujones, presidenta na actualidade da asociación cultural O Tilo, interveu no acto, para adicar unhas palabras de cariño e agrademento a Bouza por todo o seu traballo.
Ao remate da homenaxe, tanto Ángel Bouza como outros presentes asinaron no Libro de Ouro, a continuación do cal tódolos asistentes participaron nunha fotografía en familia como recordatorio deste día.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares