Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 11 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Concellaría de Cultura organiza o certame de relatos curtos "Concello de Ares" para rapaces e rapazas da ESO
25 Marzo 2015 08:41
O Concello de Ares, a través da área de Cultura, organiza por terceiro ano consecutivo o concurso de relatos curtos dirixido a nenos e nenas matriculados en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. Esta iniciativa, da área que dirixe o edil socialista Eugenio Fernández, enmárcase dentro dos actos de conmemoración do Día das Letras Galegas e, polo tanto, deberán presentarse escritos nesa lingua.
Segundo consta nas bases, o tema é libre e cada autor/a poderá presentarse cunha única obra, establecendo a obrigatoriedade de que os contos sexan inéditos e non teñan sido premiados anteriormente en nigún outro certame.
As narracións deberán ter unha extensión máxima de oito folios, escritos a ordenador, a dobre espazo e por unha única cara, con letra Arial 12. Tamén se establece nas bases que os contos non poderán ir grampados, senón que se deberán entregar soltos ou con clip. Ademais, incluirán unha portada relacionada coa temática do conto en cuestión.
Por outra banda, os relatos poderán presentarse con lema ou con seudónimo, que deberá figurar xunto co título da obra en sobre pechado.
No interior do sobre tamén deberán constar a identidade do autor ou autora, o seu teléfono, enderezo actual, correo electrónico (se o tivese) e fotocopia do DNI.
Os orixinais entregaranse na biblioteca municipal de Ares, ubicada no número 11 da rúa María (edificio da Alianza Aresana), dende o mércores 1 de abril ata o martes 28 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas. En canto ao acto de entrega de premios, terá lugar dous días antes da celebración das Letras Galegas, isto é o 15 de maio, no salón de actos da biblioteca municipal, ás sete da tarde.
A este respecto, haberá un primeiro premio e un segundo premio para cada unha das dúas categorías do concurso (por unha banda 1º e 2º da ESO e, por outra, 3º e 4º da ESO). Todos os rapaces que tomen parte neste certame recibirán un diploma acreditativo e, ademais, os relatos gañadores serán publicados na páxina web do Concello.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares