Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 01 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello asina un convenio con Tráfico para cambios de domicilio no rexistro de vehículos
21 Xaneiro 2015 13:14
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, asinou coa Coordinadora da DGT en Galicia, María Victoria Gómez Dobarro, o "Protocolo de actuación para a aplicación do convenio DGT-FEMP sobre cambio de domicilio nos rexistros de condutores e vehículos da Dirección Xeral de Tráfico" para facilitar trámites administrativos.
Con este acordo permítese ao cidadán tramitar o cambio de domicilio do seu permiso de circulación (para os efectos do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)) e no seu permiso de condución, dende o propio Concello sen necesidade de desprazarse á Xefatura de Tráfico. Deste xeito, os cidadáns que se empadroen en Ares ou os veciños que cambien de domicilio xa non terán que ir á Xefatura de Tráfico para facer alí tamén o cambio de enderezo.
Dende o Concello explícase que cada vez que unha persoa se empadroe no muinicipio solicitarase a cumprimentación do modelo de solicitude por cambio de domicilio do permiso de circulación ou do permiso de condución. Así mesmo, o Concello comunicará á Xefatura de Tráfico os cambios de domicilio nun prazo máximo de dez días hábiles dende que teña entrada a solicitude. Tamén poderán realizar este trámite todos aqueles veciños que estean empadroados e precisen facer a xestión da notificación do cambio de enderezo.
O novo servizo aos cidadán que implica este acordo estará operativo a partir da próxima semana, de xeito que os cidadáns que acudan ás oficinas municipais terán a posibilidade de que o cambio de domicilio sexa notificado á Xefatura de Tráfico. Así, a modificación será anotada tanto no rexistro de vehículos como no rexistro de condutores.
Este acordo supón reforzar o obxectivo de calidade e servizo aos cidadáns, ao facilitar a xestión do trámite e evitar os desprazamentos, e todo isto de forma gratuíta xa que o trámite non está suxeito a taxa algunha.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares