Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 29 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello organiza unha xornada de investigación sobre a fuxida do barco Bou Ramón cara Francia no seu 75 aniversario
07 Xaneiro 2015 12:45
Imaxe
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado polo historiador Enrique Barrera, e as concelleiras do grupo de goberno Olimpia Marcos e Alma Barrón, presentaron está mañá nas dependencias da alcaldía do Concello o completo programa de actos que se levarán a cabo este sábado, día 10, con motivo do 75 aniversario da fuxida do barco Bou Ramón a Francia.
E é que o 21 de xullo de 1939 un grupo de 27 republicanos perseguidos pola ditadura abordaron e incautaron este barco pesqueiro no porto de Ares para escapar cara Francia. Para facerse coa embarcación e non ser descubertos tiveron que disfrazarse de milicianos falanxistas e gardas civís. Tras unha complicada travesía e o combustible esgotado, chegaron a Francia grazas á axuda doutro barco e acabaron internados o 25 de xullo no campamento de refuxiados de Barcarés. No exilio a sorte que correron foi dispar. A maioría continuou loitando contra o fascismo, algúns acabaron no campo de concentración de Mauthaussen ou loitando nas filas da resistencia francesa, e outros regresaron a España para integrarse nas guerrillas antifranquistas.
Co obxectivo de lembrar o acontecido e recompilar datos e experiencias deste suceso do que ata hai pouco non se disponía de moita información, o Concello de Ares, coa colaboración da Asociación da Memoria Histórica Democrática, organizan este sábado un completo programa de actos nos que se investigarán tódolos aspectos relacionados coa fuxida, afondando a través de conferencias ou mesas redondas no contexto sociopolítico no que se produciu este suceso e nas implicacións persoais que tivo para os fuxidos e as súas familias.
Así, a Alianza Aresana acollerá ás 11.00 horas cunha conferencia a cargo de Eliseo Fernández, baixo o título “A fuxida do Bou Ramón”, tras a que lle tocará o turno a Enrique Barrera, relator da conferencia “As consecuencias da fuxida”. Tras as intervencións, que rematarán en torno ás 13.00 horas, haberá un pequeno descanso para o almorzo que dará paso aos actos programados pola tarde, de 17.00 a 20.00 horas, cun taller de memoria no que participarán descendentes dos protagonistas, para dar a coñecer de primeira man como foron as súas vidas despois da fuxida.
Esta actividade didáctica e de investigación, completarase cunha representación artística, na que participará o actor Roberto Leal, fillo dun dos fuxidos, e o músico ferrolán Víctor Aneiros. Ao remate desta actividade, en torno ás 20.30 horas, está previsto o descubrimento dun monumento en memoria do 75 aniversario da fuxida do Bou Ramón.
Enrique Barrera quixo destacar no trancurso da presentación de hoxe que vai a ser unha xornada cunha faceta de investigación, encamiñada á reconstrucción dos feitos coas xentes que o viviron para poder coñecer partes da historia que ainda están pendentes de aflorar.
Froito da experiencia que xurda no taller de memoria e do traballo de investigación previo, publicarase un libro ao longo deste ano no que se darán a coñecer tódolos aspectos da historia.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares