Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 26 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Tres obradoiros, unha Carreira Solidaria e o Certame de Panxoliñas centrarán a actividade do Concello desta semana
15 Decembro 2014 13:27
A Concellaría de Cultura, que preside Eugenio Fernández, e a de Deportes, que dirixe José Juan Vilar, prosiguen esta semana co programa de actividades promovido co gallo das festas do Nadal. Hoxe mesmo, os nenos e nenas poderán disfrutar nun obradoiro de postais que se desenvolverá na Alianza Aresana a partires das 17.30 horas.
Xa o mércores, día 17, a Biblioteca Municipal acollerá outro obradoiro, neste caso baixo o título “Decoramos a Biblioteca”. Esta actividade, pensada para nenos e nenas dende os tres aos sete anos de idade e para a participación de tódolos membros da familia, comezará ás cinco e media da tarde; mentres que o xoves, día 18, terá lugar unha nova edición desta actividade.
Tamén o xoves, e organizado polo CPI Conde de Fenosa, levarase a cabo unha maratón solidaria, a XI Carreira Quilómetros de Solidariedade. Esta iniciativa comezará ás 10.30 horas dende o propio centro escolar, para voltar ao mesmo punto despois de percorrer as rúas do pobo.
Ademais, a Concellaría de Cultura organiza a que será a cuarta edición do Certame de Panxoliñas Concello de Ares. Esta iniciativa, que en anos anteriores obtivo un grande éxito de participación e público, desenvolverase na Igrexa San Xosé de Ares o domingo 21 de decembro, a partires das sete da tarde. Nesta ocasión está prevista a actuación de nove formacións musicais: a Escola Municipal de Música de Ares; a Coral Areas do Mar do Casino Aresano; a Escola de Música da asociación cultural Xábrega, o grupo Mandala Gospel; o Coro Parroquial de Redes; o Coro Parroquial de adultos de Ares; o Coro Voces Amigas de Ares; o Coro Parroquial Xuvenil de Ares e a Rondalla Trovadores.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares