Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Este luns ábrese o prazo de inscrición para participar na oitava edición do Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala
17 Octubre 2014 08:25
Os Concellos de Ares e Mugardos, a través das súas concellarías de Deportes, anuncian que este luns, día 20, ás 8.00 horas, comeza o prazo para inscribirse na oitava edición do Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Inverno 2014-2015, que como nas anteriores edicións disputarase a partir do mes de novembro nos pavillóns deportivos municipais de Ares e Mugardos. Dito prazo permanecerá aberto ata as dúas da tarde do mércores 22 de outubro.
Como informaron dende o Concello de Ares, estableceuse un tope de 16 equipos, que serán apuntados como primeiro criterio con preferencia para aqueles que dispoñan de máis xogadores de Ares e Mugardos nos seus planteis, seguindo como segundo criterio a orde de inscrición. As solicitudes de participación poderán tramitarse únicamente a través do envío dun correo electrónico a deportes@mugardos.dicoruna.es, indicando o nome do equipo participante e un delegado que figurará cun número de teléfono e unha dirección de correo electrónico. Unha vez confirmada a participación no torneo, os equipos serán convocados a unha xuntanza o xoves día 23 no pavillón deportivo de Mugardos, onde serán informados da normativa e aprobarase o calendario da competición. Será nese momento cando os equipos terán que formalizar o pago da cota de participación, ademais de entregar unha declaración manifesta de que todos os componentes se atopan físicamente aptos para a participación no torneo e de que dipoñen de cobertura sanitaria ou seguro persoal ou colectivo.
Para tomar parte neste torneo será condición indispensable ter os 18 anos cumpridos antes da disputa do primeiro partido no que se participe. A cota de participación por equipo será de 275 € (200 € de incripción e 75 € de fianza que se devolverá a todos os equipos que rematen o campionato e non sufran ningunha sanción disciplinaria). Cada equipo terá un máximo de 12 xogadores/as incritos/as, dos cales un máximo de seis poderán estar federados/as no deporte en cuestión. Os partidos xogaranse os mércores, xoves e venres, en horario comprendido entre as 19.30 horas e as 23.30 horas no pavillón deportivo municipal de Ares ou de Mugardos.
O sistema de competición será o de Liguilla previa a partido único, e despois haberá unha segunda fase na que os primeiros clasificados disputaranse o título mentres que os últimos xogarán os postos de consolación. Así mesmo, haberá trofeos para os catro primeiros clasificados ademais de catro vales en material deportivo (500-250-150-100 €) para esos catro primeiros.
No caso da Liguilla de consolación, haberá trofeos para os tres primeiros calsificados. Ademais haberá distincións para o máximo goleador e o porteiro menos batido.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares