O Concello informa do prazo de inscripción nas actividades deportivas e culturais deste curso
16 Setembro 2014 11:12
O Concello de Ares, a través dos seus edís de Cltura, Eugenio Fernández, e Deportes, José Juan Vilar, informan de que o prazo para inscribirse nas diferentes escolas municipais abrirase o próximo xoves, día 18. Precisamente hoxe, nas correspondentes comisión informativas, os responsables políticos deron conta das actividades que se desenvolverán durante o curso, que comprende entre os meses de outubro a maio. No caso das deportivas, son un total de 17: Ximnasia, Fitness, Tenis, Baile moderno infantil e xuvenil, Fútbol, Rítmica, Tiro con arco, Pilates e Zumba; ás que hai que sumar as que se promoven en colaboración co Concello de Mugardos (“Mugardares”) que son minibaloncesto, xadrez, danza do ventre, vela, spinning, balonmán e ximnasio cardiofitness.
En canto ás Escolas Culturais, a oferta é de iniciación musical, teatro, debuxo e pintura, inglés, encuadernación, gaita e percusión, informática e divertixogos.
Deste xeito, as persoas que desexen obter máis información en canto a prezos, horarios e normativa de cada unha delas, deberán pasar polo pavillón deportivo municipal, dependencia na que se tramitarán as solicitudes, de luns a venres en horario de 9.30 a 12.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas. O prazo rematará conforme vaian pechándose os grupos. No que se refire ao pago da matrícula, que é de 9,20 euros no caso de empadronados en Ares- ou en Mugardos no caso das escolas intermunicipais- e de 17,23 euros no resto dos casos, poderá aboarse do 1 ao 15 de outubro.
Como é habitual, haberá descontos como o de familia numerosa ou incluso exencións de cotas nalgúns casos como persoas carentes de recursos económicos.
As persoas que se incriban ás escolas municipais por primeira vez deberán achegar unha fotocopia do DNI ou d apáxina do libro de familia e cubrir un formulario no caso de que opten por domiciliar o pago das actividades.