Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Arredor de 350 nenos participarán durante a fin de semana no Torneo de F-8 "VI Memorial Pedro García Vilar"
03 Setembro 2014 11:25
Imaxe
O Concello de Ares, a través da súa área de Deportes, e o Numancia están detrás da organización da sexta edición do torneo de fútbol-8 Memorial Pedro García Vilar, que se desenvolverá durante a fin de semana (venres 5, sábado 6 e domingo 7) no campo de fútbol de Prados Vellos. Así o indicaron na presentación de hoxe no Concello o alcalde, Julio Ignacio Iglesias, e o directivo do clube local, Xoán Vázquez, na que ademais estiveron presentes un nutrido grupo dos prebenxamíns do Numancia.
En total, serán once os clubes participantes neste torneo, que se disputa nas tres categorías de prebenxamíns, banxamíns e alevíns (cun total de 25 equipos; sete en prebenxamíns, nove en benxamíns e nove en alevíns). Ánimas, As Pontes, Conxo, Maniños, Galicia de Mugardos, Neda, Perlío, Portuarios, San Cibrao, O Val e o propio Numancia de Ares son os clubes que participarán nesta iniciativa deportiva.
Dende a organización informan de que durante as tres xornadas haberá un sorteo de camisetas asinadas polos equipos do Fútbol Club Barcelona, Real Madrid, Deportivo da Coruña (grazas á colaboración das respectivas peñas futbolísticas aresanas que doaron as camisetas ao Numancia) e tamén dos clubes Racing de Ferrol e o Pontevedra. Ademais, para animar as xornadas ao mediodía do sábado e do domingo haberá churrascada e bocadillos (cun prezo de 7 euros o churrasco e 2 euros os bocadillos) do que poderán disfrutar todos os asistentes ao torneo e as persoas que se animen a acudir a Prados Vellos a participar desta actividade.
Hai que destacar que o Memorial Pedro García Vilar celébrase para recoñecer a figura do que foi un dos máis importantes impulsores e voluntarios do clube de fútbol local.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares