Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Agosto de 2014
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAgosto
2014
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
V FEIRA MARIÑEIRA

MANUEL REBON 2014

VERANEARES 2014

Campus diego rivas 2014

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Un informe da Tesourería cifra nuns tres millóns de euros a débeda do Concello de Ares
13 Agosto 2007 14:28
O alcalde de Ares, o socialista Julio Iglesias Redondo, denuncia a pésima situación económica na que se atopa na actualidade o Concello pola xestión realizada polos anteriores responsables municipais, con José Manuel Cendán (Partido Popular) ao fronte. Unha situación da que xa falara nos primeiros días de goberno e que agora confirma cos datos que se desprenden do informe solicitado á Tesourería do Concello e xa entregado ao rexedor.
En primeiro lugar, neste documento sulíñase o grave prexuízo para as arcas municipais de non ter aprobado o orzamento xeral de 2007, polo que nestes meses se está a traballar co orzamento prorrogado de 2006 axustado á baixa no apartado que se refire a gastos –pódese contar con todas as partidas orzamentarias menos as do Capítulo 6, de inversións reais-. Isto supón unha grande dificultade á hora de afrontar os gastos parcialmente subvencionados, como é o caso do POS da Deputación e outros que precisan de aportación municipal, de tal xeito que existen obras anteriores á toma de posesión de Julio Iglesias que, por carecer dela, son imposibles de aprobar e, polo tanto, de pagar ata que non exista dotación orzamentaria.
Neste apartado pódense encuadrar tanto actuacións subvencionadas nas que falta a aportación municipal como as que non teñen consignación orzamentaria, como os 267.573,38 euros en facturas presentadas por diversos proveedores e contratistas, en concepto de construcción e equipamentos, da nova casa do Concello, ou as entregadas por Construcciones Concifa, S.L., polos aumentos de obras a maiores das contratacións, por importe de 263.818,13 euros.
Deste modo, os compromisos económicos aos que ten que facer fronte o Concello de Ares por actuacións promovidas ou executadas polo anterior equipo de goberno ascenden a 1.172.534,55 euros. Con respecto a estas actuacións sen consignación ou pendentes de pago, o informe da Tesourería sinala que existen dúas posibilidades para tratar de afrontar a situación, aínda que as dúas teñen os seus problemas. A primeira pasa por encaixar no orzamento prorrogado todas as inversións, o que conlevaría un estudo pormenorizado de cada unha delas, e darlle solución mediante un expediente de modificación de créditos por suplementos ou créditos extraordinarios con cargo ao remanente de tesourería destinado a gastos xerais. Aínda así, a cantidade de que dispón este departamento municipal do exercicio económico de 2006, que ascende a 668.574,15 euros, é claramente insuficiente para abonar os máis de 1,1 millóns que debe o Concello de Ares. Pero ademais, a Tesourería non recomenda utilizar toda a partida para que a liquidación do actual exercicio sexa positiva.
A segunda opción é a de facer un orzamento para este ano, caso no que habería que ter en conta o executado ata o momento e as previsións de ingresos.
En definitiva, o informe económico é contundente sobre a situación do Concello, que califica, neste eido, como “difícil”, xa que, ademais, analizando a execución do orzamento dos seis primeiros meses do ano, existen partidas con saldo negativo.

GASTOS DE INAUGURACIÓN DO NOVO CONCELLO
Éste é o caso do correspondente a festexos populares, cunha consignación inicial de 56.441,60 euros e un gasto autorizado de 145.082,47 euros –e con actividades programadas ou sen programar de grande importancia-. Este exceso, que se eleva a 88.640,87 euros, débese, en grande medida, aos gastos de inauguración do novo Concello aplicados ao vixente orzamento.

GRANDE INCREMENTO DO NIVEL DE ENDEBEDAMENTO
Outro factor de importancia que recolle o informe é o aumento “considerable” nos últimos anos do financiamento de gastos por operacións de préstamo, que en 2005 foron de 367.147 euros e en 2006 de 585.400 euros. Ademais, a cantidade pendente de amortizar a 31 de decembro de 2006 é de 1.114.836,46 euros, mentres que na mesma data de 1999 era de 383.933,02 euros; é dicir, o nivel de endebedamento en 2006, tendo en conta a liquidación de 2005, é do 44,37%.
Con todos este datos, o alcalde denuncia unha situación que, como se pon de manifesto neste exhaustivo informe, nada ten que ver coas cifras aportadas polo anterior alcalde nun Bando que foi enviado aos veciños da vila poucos días despois das eleccións municipais do 27-M –o escrito está asinado o 14 de xuño-, no que Cendán afirmaba textualmente que “las arcas municipales están más que saneadas, cerré el ejercicio 20006 con un saldo favorable de más de 800.000 euros, y las cuentas bancarias municipales arrojan a día de hoy un saldo positivo de más de 2.200.000 euros que quedarán a disposición de la nueva corporación municipal”.
Precisamente sobre os fondos líquidos de Tesourería, éstes superan lixeiramente os 2,2 millóns de euros, aínda que parte destes cartos son de financiación afectada, é dicir, subvencións ingresadas e pendentes de pago. Tamén hai subvencións prepagables, que son as que se reciben antes de efectuar os gastos, é aínda que se poderían destinar a outros gastos (previamente aprobados), non é prudente facelo polos posibles déficits de liquidez que poden acaecer ao longo do exercicio económico.
Así as cousas, e cunha dédeda que sumando as obras pendentes de pago e os préstamos sen amortizar supera os 2,2 millóns de euros, Julio Iglesias, que tamén é o concelleiro delegado de Facenda do Concello, anuncia que unha das primeiras medidas que pretende por en marcha é a de solucionar unha situación que complica a capacidade de maniobra do actual grupo de goberno.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares