Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Éxito de participación no I Torneo de Volei -Praia celebrado esta fin de semana en Ares
02 Setembro 2014 08:16
ImaxeImaxeImaxe
Durante todo o domingo 31 de agosto dende as 9.00 horas ata a posta de sol, a praia urbana de Ares converteuse nun improvisado estadio con dúas pistas de volei-praia nas que se disputou nas categorías masculina e feminina un espectacular torneo, seguido de preto dende o paseo marítimo por centos de espectadores e dende a propia praia polos bañistas.
Participantes chegados dende toda Galicia fixeron desta primeira edición un rotundo éxito de participación con 19 parellas de alto nivel, formadas nalgúns casos por xogadores profesionais e chegados de diferentes puntos, entre outros, Vigo, Lousame, Noia, Santiago, Narón, Ferrol, San Sadurniño e mesmo algún xogador estranxeiro procedente de Cuba.
As magníficas condicións da praia de Ares foron destacadas por todos os competidores como moi axeitadas para este tipo de eventos e a celebración do torneo gozou dunha excelente acollida entre os participantes. Por este motivo, tanto o Club de winsurf WZN de Ares, organizador do evento, coma o Concello, que prestou a súa colaboración para desenvolver esta iniciativa deportiva, pretenden que se converta nun referente dos torneos de Volei Praia en Galicia en edicións seguintes.
Malia que WZN se trata dun Club de windsurf, impulsou neste verán unha escola de Volei- praia e este torneo, co obxecto de que os alumnos da escola e afeccionados presenciasen en directo un campionato con destacadas figuras da comunidade, así como dar a coñecer á vila de Ares como unha firme candidata a celebrar unha das mellores probas do circuíto galego desta modalidade.
Despois de case 12 horas de competición resultaron vencedoras na categoría feminina a parella formada por Lucia Pita e Alejandra Rey, no segundo posto Laura Ollero e Lorena Di Carluccio, sendo o terceiro posto para Yolanda Acevedo e Vanessa Galego; e o cuarto lugar para Sandra koprivnik e Maribel del Burgo Santiago.
En canto á categoría masculina, os gañadores foron David Guiñazu e Carlos Galego, seguidos polas parellas formadas por Germán Romero e Ismael Coullon; Juan C. Rodríguez e Yago Mouzo; co segundo e terceiro posto, sendo o cuarto lugar para Omar Díaz (Cuba) e Roberto Rodríguez.
A entrega de premios contou coa presenza dos concelleiros do grupo de goberno Victoria Montenegro e Eugenio Fernández, os cales agradeceron aos participantes a súa presenza e resaltaron a aposta do Concello pola progresión deste torneo para edicións posteriores, por constituír Ares unha localización ideal para este deporte que conecta perfectamente con outras especialidades náuticas como a vela, o windsurf ou o remo, deportes para os que a ría de Ares constitúe un dos mellores polideportivos naturais de Galicia.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares