Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Concellaría de Deportes informa das actividades previstas para os próximos días
08 Agosto 2014 10:26
O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, informa de que o sábado 9 de agosto, ás 12 da mañá, procederase á clausura do Campus de baloncesto Chiquibasquet 2014, que ven desenvolvéndose no pavillón deportivo municipal de Ares dende o pasado luns, coa presenza de corenta rapaces e rapazas e baixo a dirección técnica do prestixioso adestrador ferrolá Antonio Barros, “Chiqui”.
Noutra orde de cousas, sinalar que segue aberto o prazo para tomar parte nunha actvidade multiaventura, a celebrar na xornada do mércores 20 de agosto, e que consistirá nunha rota de sendeirismo guiada polas Fragas do Eume e unha posterior rota en kaiak polo mesmo Parque natural. Sairase en microbús dende a praza da Igrexa ás 9,30 da mañá, para regresar unha vez finalice a xornada chegando a Ares arredor das 18,30 horas. O prezo da actividade é de 15 euros no caso de adultos e de 12 euros no de menores de idade. Para dita actividade aínda quedan prazas libres. Os interesados en incribirse ou recibir máis información deben achegarse á Alianza Aresana, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas.
Tamén cabe sinalar que continúan a celebrarse os Campamentos deportivos urbanos, na súa terceira quenda que congregan a 60 participantes e que rematarán o vindeiro día 14 de agosto.
Ademais, a XVII edición do Trofeo Concello de Ares de fútbol, celebrarase o vindeiro día 17 de agosto, coa disputa dun partido que enfrontará aos equipos do Numancia de Ares e o Galicia de Mugardos, no campo municipal de Prados Vellos. A entrada é de balde.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares