Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 27 de Xaneiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
o Concello de Ares súmase ao "Proxecto Moucho", promovido pola Fundación Fuertes
20 Agosto 2007 14:10
O Concello de Ares sumarase ao “Proxecto Moucho”, promovido pola Fundación Fuertes, con sede no polígono de Vilar do Colo, en Fene, e que consiste na próxima posta en marcha dun plan de emprego dirixido a colectivos en risco de exclusión social (persoas con discapacidades, mulleres, parados de longa duración ou inmigrantes), creando un corpo especial de vixiantes nocturnos, o dos antigos serenos.
Esta iniciativa, xunto cos outros servizos e actividades que desenvolve a Fundación Fuertes co obxectivo de mellorar a situación socio-laboral das persoas en risco de exclusión social, foi exposta na recente visita de representantes da entidade ao alcalde, Julio Iglesias, co que mantiveron unha reunión na que tamén participou a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro.
Aínda que nunha próxima reunión os responsables da asociación informarán en detalle ao rexedor e á responsable de Servizos Sociais sobre cada un dos servizos que ofrece e que poden ser aplicables ás necesidades e circunstancias específicas de Ares, xa existe o compromiso por parte do equipo de goberno de participar no “Proxecto Moucho”. Neste sentido, o alcalde subliñou a importancia que terá a recuperación da figura do sereno para garantir a máxima seguridade durante a noite nas rúas da vila, xa que os medios cos que conta o Concello son limitados no que se refire a postos de traballo da Policía Local. Tamén destacou que con este proxecto o goberno local quere mellorar as condicións dos veciños de Ares, ao tempo que serve como medio para a contratación de novos postos de traballo.
Así as cousas, as persoas que estean interesadas en capacitarse e optar a estes postos de traballo deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello ou directamente coa Fundación Fuertes no teléfono 902 180 281 ou no correo electrónico info@fundacionfuertes.org.
O servizo que comezará a funcionar próximamente consiste na realización de rondas periódicas sobre unhas zonas predeterminadas, nas que o sereno, en horario de once da noite a sete da mañá e durante os 365 días do ano, encargarase de prestar a súa axuda ao Concello, vecindario, comercios, turistas e viandantes e xeral. Será, pois, a recuperación dos serenos, pero actualizándoos ás necesidades do século XXI. É dicir, a imaxe do home da gorra e un feixe de chaves á cintura substituirase por outra na que a gorra se manterá pero as chaves darán paso a uns pequenos equipos similares a teléfonos móviles que ademais de funcionar como tal, levarán implantado o SIMAP (Sistema Inteligente de Monitorización de Alertas Persoais). Grazas a este sistema, o sereno, perante calquera anomalía e dependendo da súa gravidade, poderá poñerse en contacto coa persoa responsable que corresponda mediante unha chamada telefónica ou avisar á policía se a importancia da incidencia o require. O SIMAP xerará a alarma correspondente e, a través do GPS que incorpora o equipo do sereno, as forzas da orde detectarán a alarma e o punto exacto do lugar no que se produce.
Tamén haberá un número de teléfono nocturno para que en calquera momento da noite o responsable do comercio, tenda, nave ou Concello poida contactar coa central da entidade.
O “Proxecto Moucho” cubrirá, en definitiva, todas as necesidades do Concello en horario nocturno a través dun servizo con moitas posibilidades de aplicación e que, sen dúbida, servirá para promocionar o Concello de Ares, mellorar o mantenemento do mobiliario urbano, prestar a información necesaria para os residentes no municipio e turistas e, sobre todo, xerará máis tranquilidade entre os veciños da vila.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares