Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello porá en marcha un dispositivo especial de tráfico para garantir o bo desenvolvemento da festividade do Corpus
17 xuño 2014 11:41
O Concello de Ares, un ano máis, porá en marcha un dispositivo especial de seguridade e tráfico co gallo da celebración da festividade do Corpus, que se desenvolverá a vindeira fin de semana- 21 e 22 de xuño- declarada por parte da Xunta no ano 2011 como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Polo tanto, tal e como sucede cada ano, ante a previsión de chegada nesas xornadas de miles de visitantes e polo propio contido da festa-as alfombras ocupan parte das principais rúas da vila-a posta en marcha deste dispositivo faise especialmente necesario. Así, a administración local, a través da súa Policía Local, vén de deseñar unha serie de medidas relativas ao estacionamento e o tráfico rodado de vehículos naquelas rúas nas que dende días antes aos da celebración estarán traballando aos veciños e as veciñas.
Nomeadamente, entre as 13.00 horas do sábado 21 e o remate dos actos o domingo 22 (despois da procesión que segue á misa), prohibirase totalmente o estacionamento e a circulación de vehículos na Praza da Igrexa (entre Saavedra Meneses e rúa Real), na rúa Real (entre a praza da Igrexa e a rúa Xuncal), na Xuncal (entre as rúas Real e María), e na rúa María (dende o cruce coa rúa Xuncal ata o número 61). Ademais, para facilitar os traballos de limpeza das rúas afectadas, quedará prohibido o estacionamento en ditos lugares, ata o mediodía do luns 23.
Así mesmo, e dado que algún grupos de veciños comezarán os traballos con dous ou tres días de antelación co obxectivo de marcar e pintar as rúas nas que se elaborarán as alfombras, a Policía Local poderá, coa sinalización pertinente, interrumpir o paso de vehículos ou o estacionamento durante o tempo preciso para rematar ditos traballos. Estas medidas puntuais poderían afectar fundamentalmente ao treito da rúa Real comprendido entre a avenida de Mugardos (farmacia) e as Escolas do Lago (rúa Xuncal), donde está previsto que pintado e marcado comece na tarde do xoves 19.
A Policía Local levará a cabo un dispositivo especial de vixilancia e control do tráfico a fin de garantir que se respeten as normas, e, en definitiva, que a festa se desenvolva con normalidade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares