Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Cultura e deporte camiñan da man no completo programa de actividades de verán de Ares
12 xuño 2014 11:35
Imaxe
A cantidade de actividades, e fundamentalmente a calidade, caracterizan a programación de verán do municipio de Ares, presentada polo alcalde, Julio Iglesias, e o edil de Deportes, José Juan Vilar, nuha rolda de prensa celebrada esta mañá na alcaldía do Consistorio.
Un tríptico recolle case todas as actividades que se levarán a cabo ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro. En total, como indicaron os edís socialistas, son 3.000 trípticos que se están a repartir entre o tecido asociativo do municipio e que se poden conseguir nas dependencias municipais, como o propio Consistorio ou a Alianza Aresana.
O rexedor quixo destacar, entre toda a oferta integrada na área de Cultura, a VI Festa da Xiba, que se celebrará o 19 de xullo en colaboración con Asemares -Asociación de Empresarios de Ares-; a V Feira Mariñeira, o 22, 23 e 24 de agosto, así como outras festas gastronómicas que terán como escenario o parque Rosalía ou a do percebe de Lubre. Ademais, subliñou que, si ben os meses de xullo e agosto son os máis fortes en canto á oferta se refire, o certo é que este ano se inclúe un potente fin de festa, coa celebración do VIII Concurso de Pintura Manuel Rebón- Concello de Ares, que se suma ás numerosas actividades gastronómicas e de lecer tales como actuacións musicais, de baile ou de maxia que se levarán a cabo na vila durante os meses estivais.
Pola súa banda, o responsable de Deportes destacou algunhas das probas que levan máis de dez anos desenvolvéndose, o que da boa conta, dixo, do éxito que teñen entre os aresáns e as persoas procedentes doutros lugares. Así, citou a XVI edición da rota de BTT “Entre dúas rías” do 29 de xuño, a XIX Travesía de nado da ría de Ares do día 26 de xullo, o XXI Concurso de Pesca deportiva do 12 de xullo, o XVI maratón de pádel, tenis e chave no Club de Tenis de Redes do 19 de xullo ou a XXIII edición da Milla Urbana do día 2 de agosto. A estas citas históricas, Vilar engadiu outras promovidas nos últimos anos, tales como a VII bandeira de traíñas Concello de Ares do 24 de agosto, o II Campus de porteir@s de fútbol Diego Rivas, do 25 ao 27 de xuño, o VII encontro de Pesca Infantil, que organiza o Concello en colaboración coa Peña Rodaballo o 30 de agosto (cuxa inscripción é de balde e inclúe seguro deportivo e de resposabilidade civil, e cada ano conta cun maior número de participantes); ou o Campus de Baloncesto “Chiquibasquet”, que se desenvolverá en agosto.

CAMPUS DE BALONCESTO

De feito, a rolda de prensa celebrada esta mañá serviu para presentar esta actividade que se incorpora por sexto ano consecutivo ás actividades de verán.. O Campus de baloncesto, temán chamado Chiquibasquet, terá lugar entre o 4 e o 9 de agosto, de 10 da mañá ás 13 h no pavillón deportivo municipal. O Chiquibasquet está dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos que poderán inscribirse na Alianza Aresana (de 9 h a 14 h) ou ben no teléfono 981448057. O prezo será de 35 euros e inclúe a participación no Campus, un tentempé diario e un diploma xunto cun agasallo conmemorativo.
O seu responsable, Chiqui Barros, presente na rolda de prensa de hoxe, que agradeceu ao rexedor a colaboración prestada para poder levar a cabo esta iniciativa, explicou que o campus contará co mismo equipo de monitores que o de Ferrol (Héctor Piñeiro, Carlos Vila e Marta Manivesa) e que contará coa presenza de destacadas figuras do blaoncesto como a do xogador da LEB Alberto Rodríguez, o árbitro da ACB Carlos Cortés ou a xogadora da Liga femenina Esther Montenegro.
Pola súa parte, Iglesias quixo destacar o esforzo do goberno local para deseñar un programa completo e que poda atender ás demandas da poboación. Así mesmo, confía en que as numerosas iniciativas propostas polo Concello sexan do agrado dos veciños e veciñas de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares