Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares acollerá en xuño o segundo Campus de fútbol para porteiros dirixido por Diego Rivas
21 Maio 2014 12:44
A área de Deportes do Concello de Ares, que dirixe o edil socialista José Juan Vilar, organiza, unha vez rematado o curso escolar, o “II Campus para porteiros Diego Rivas- Concello de Ares”. Dito campus terá lugar o mércores 25, xoves 26 e venres 27 de xuño en xornada de mañá, de 10.00 a 13.30 horas, así como na xornada do venres, incluindo o xantar, e rematando ás 19.00 horas, no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.
O campus estará dirixido polo porteiro Diego Rivas, na alctualidade gardamallas profesional do C.D. Tenerife, diplomado en Maxisterio na especialidade de Educación Física, que coordinará un grupo de traballo composto por porteiros de fútbol e adestradores de porteiros cunha contrastada experiencia.
Esta mañá, o propio Rivas, a través de videoconferencia, xunto co alcalde Julio Iglesias e o concelleiro de Deportes José Juan Vilar, o técnico deportivo Javier Sánchez, o delegado da Federación de fútbol Manuel Mesa, o entrenador de porteiros de As Pontes Pepe Momán, e os representantes do Numancia SRD Antonio Martínez e Francisco Manuel Iglesias, compareceron na alcaldía do Concello de Ares para presentar esta iniciativa, que se suma á completa programación deportiva que administración local ten organizada para o verán. De feito, Rivas destacou a importancia deste Campus na oferta da comarca para “dar o papel que se merece ao porteiro no mundo do fútbol”, dixo o gardamallas do Tenerife, que destacou tamén os valores tanto técnicos como persoais que nos rapaces inculca esta iniciativa.
Este campus deportivo, adicado de forma específica aos porteiros de fútbol, vai dirixido aos rapaces de 6 a 16 anos, dividíndoos á súa vez dunha forma didáctica e pedagóxica en tres grupos: iniciación (de 6 a 9 anos), formación (de 10 a 13 anos) e consolidación (de 14 a 16 anos).
Dado o interese pola calidade como elemento diferenciador no desenvolvemento do campus, haberá 42 prazas, que se irán cubrindo por rigurosa orde de inscripción. O prazo para apuntarse estará aberto dende hoxe ata o 16 de xuño, sempre e cando haxa prazas libres, puidendo facer a inscripción descargando o formulario a través da web do evento en www.campus.diegorivas.es (unha vez cubertos os datos do alumn@ é preciso adxuntar o xustificante de pago do campus e enviar todo ao enderezo electrónico campus@diegorivas.es) ou recollendo a folla de inscripción no pavillón deportivo municipal do Concello de Ares e entregándoa alí mesmo (o pago pódese facer en ventanilla). Tamén se pode obter información desta actividade e da súa inscripción na web do Concello (www.concellodeares.com) e nas redes sociais (facebook e twitter).
O prezo da inscripción é de 70 euros (60 no caso dos empadroad@s en Ares ou xogadores das categorías inferiores do Numancia de Ares ADR e do Galicia de Mugardos, así como para 2 ou máis inscripcións por unidade familiar), e inclúe unha equipación de porteiro da prestixiosa marca Soloporteros valorada en 90 euros; un temtempé diario a media mañá, consistente nun minibocata, auga e froita; o xantar do venres 27 de xuño e xogos acuáticos na praia de Ares; un diploma acreditativo; e o sorteo de diferentes agasallos donados polos patrocinadores. Dende a organización destacouse o grande esforzo realizado para que este campus sexa unha realidade nuhas condicións as máis asequibles posibles nuns momentos de crise como os actuais.
Ao longo dos tres días de celebración do Campus, os alumn@s recibirán a visita de xogadores de fútbol así como de adestradores. Unha das actividades máis destacadas é a sesión maxistral a cargo de Marcos Abad, adestrador de porteiros do Elche C.F. Dita sesión, aberta ao público en xeral e dun feito específico aos adestradores que desexen acudir, será ás seis da tarde do derradeiro día do Campus.
Esta II edición do Campus Diego Rivas-Concello de Ares, que xa o ano anterior contou cun rotundo éxito de participación, contará coa colaboración de diferentes entidades e empresas que fan posible esta iniciativa deportiva que, como destacaron os responsables políticos da administración local, tratará de contribuir ao proceso de formación dos rapaces, abordando de xeito multilateral a especificidade e a especialización que a figura de gardamallas ten no contexto do fútbol actual, sempre dende unha vertente educativa.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares