Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde destaca o efecto que terá a EDAR na vila e na potenciación do turismo e a pesca
17 Xaneiro 2008 14:04
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, recalcou esta mañá, na visita que realizou o delegado provincial de Medio Ambiente, Manuel Tajes, á vila, as xestións realizadas tanto pola Consellería que preside Manuel Vázquez, como polo propio Concello nestes primeiros meses do novo goberno local, para poñer en marcha o saneamento integral da ría. Iglesias, que destacou que a execución da EDAR non é unicamente unha preocupación do conselleiro senón tamén de todos os veciños, subliñou os pasos dados polo actual grupo de goberno para dar os pasos que non deron os anteriores responsables locais do PP, entre os que se atopa, como trámite fundamental, a cesión dos terreos situados na zona de Punta Avarenta (Chanteiro) para a construcción da estación depuradora que prestará servizo a unha población máxima de 52.000 habitantes dos municipios de Ares, Mugardos e Fene.
“A pesar da súa xuventude, o goberno de Ares xa sacou o anteproxecto a información pública e traballa na sinatura dun convenio cos outros dous Concellos para asumir os gastos e poñer os terreos a disposición da Consellería de Medio Ambiente”, manifestou o rexedor socialista, que engadiu que os secretarios dos tres Concellos traballan na actualidade na redacción de dito convenio para que sexa asinado o próximo mes de setembro e que determinará as porcentaxes de gasto de cada unha das administracións locais, proporcional ao seu número de habitantes. Así as cousas, Julio Iglesias confía en ter iniciado o expedente de compra ou, no caso de que non se chegue a un acordo de venda “xusto e razoable”, de expropiación nun prazo de dous ou tres meses.
Unha vez concluida esta fase, que afecta a unhas 500 fincas, os terreos pasarán á Consellería de Medio Ambiente, encargada da executar e financiar a obra da EDAR do norte da ría de Ares e a sur da de Ferrol.
Nunha rolda de prensa previa ao percorrido realizado polos areais do municipio, o humedal da Xunqueira e a zona de Punta Avarenta, Iglesias tamén anunciou que aproveitando que a estación depuradora se ubicará en Chanteiro, procederase ao saneamento “do último reducto rural que non ten saneamento”. Esta actuación executarase á par que a da estación depuradora e garantirá a conexión de Chanteiro coa propia EDAR.
Ademais, o rexedor de Ares destacou os usos potenciais dos miles de litros de auga doce que se verterán ao mar e que, como dixo o alcalde, poderán empregarse en cousas tales como o rego intensivo e, en consecuencia, diversas actividades que precisen de grandes cantidades de auga, como, dixo, un campo de golf.
“Teremos un recurso inigualable”, dixo Julio Iglesias, que incidiu en que un dos seus obxectivos do mandato é que Ares sexa o centro turístico da zona durante todo o ano e, polo tanto, a construcción da estación depuradora pode potenciar o efecto chamada para empresarios do sector turístico, hotelero e da conservación. “Ares non pode aspirar a ter un polígono industrial, sino que temos que por en valor o que xa temos”, subliñou o rexedor, en relación á importancia que o turismo ten na vila, sobre todo nos meses de verán, e ás condicións “inmellorables” da ría de Ares.

SISTEMA DE DEPURACIÓN ESPECÍFICO
Pola súa banda, Manuel Tajes, que recalcou o compromiso de todo o goberno da Xunta coa depuración das rías, entre elas as de Ferrol e Ares, afirmou que o saneamento nas diferentes rías estase facendo a un ritmo “moi acelerado”, posto que na actualidade xa se están a imcumprir as directivas europeas nesta materia. O delegado provincial informou de que a Consellería agarda á cesión dos terreos de Chanteiro para despois aprobar o proxecto “dunha gran depuradora” que redundará no beneficio da xente que “acude a esta zona cada vez en mayor proporción”, pero que tamén garantirá “que os mariscadores poidan seguir traballando”. Neste sentido, anunciou que a EDAR contará cun sistema de depuración final moi específico, por radiacións ultravioletas –irradian as aguas ao final do proceso e, así, as bacterias que houbera morren e non pasan ao mar-, que é moi costoso e específico, pero “nas rías galegas non existe outra opción para que non haxa contaminación bacteriana”.
No caso de Ares, como subliñou o alcalde da vila, este sistema favorecerá as capturas de vieiras, xa que, recordou, a ría é moi rica neste marisco que desde hai unha década non se pode capturar pola contaminación dunha toxina.

DECLARACIÓN DE ESPAZO LOCAL PROTEXIDO PARA A XUNQUEIRA
Outro tema do que falaron os dous responsables políticos foi o do humedal da Xunqueira, que sofre diversas agresións medioambientais desde hai tempo. Mentres que o delegado provincial informou ao rexedor da existencia dun proxecto de decreto da Consellería de Medio Ambiente para elevar o nivel de protección dos humedais, incluido o de Ares, Julio Iglesias comunicoulle a intención do goberno local de levar a pleno a declaración de A Xunqueira como Espazo Local Protexido, o que “poría ao humedal nunhas condicións mellores”.
O alcalde, que criticou o falta de preocupación do anterior rexedor pola conservación deste espazo natural –“Qué preocupación tería que quería facer en fronte do humedal o centro de saúde para urbanizar posteriormente”, dixo-, indicou que Medio Ambiente quere poñer en valor estas zonas singulares de Galicia. “Ademais, vai mellorar o saneamento do humedal e o humanizará”, manifestou Iglesias, que concluiu apuntando a posibilidade de que A Xunqueira acolla un centro de interpretación medioambiental da flora e a fauna.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares