Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares presenta o Campus de verán de fútbol do Celta de Vigo
14 Maio 2014 08:03
Imaxe
O Concello de Ares presentou en rolda de prensa o campus que a Fundación Celta de Vigo levará a cabo, por cuarto ano consecutivo, durante o mes de xullo no campo municipal de Prados Vellos. Os nenos e nenas de 4 a 15 anos son os destinatarios desta iniciativa que xa nas edicións anteriores obtivo un importante éxito de participación e que nesta ocasión desenvolverase entre os días 14 e 18 de xullo, en horario matinal.
Cada participante recibirá unha equipación completa de adestramento do Celta de Vigo e poderá disfrutar durante cinco días nos que mellorar o seu nivel futbolístico e convivir con outros nenos e nenas da súa idade. Na presentación celebrada onte, os organizadores explicaron a metodoloxía de adestramento, de forma que en cada xornada as/os nenos dividiranse en grupos e os monitores, procedentes do club olívico e con ampla experiencia na formación deportiva, crearán diferentes "estacións" (zonas onde se realizará unha actividade concreta) dependendo do número de alumnos e da superficie coa que se conte. Os nenos e nenas irán pasando dunha a outra realizando os xogos establecidos para cada estación. Desta forma, segundo se indicou durante a presentación, toda a actividade será de carácter lúdico pero sempre sen deixar de lado os aspectos técnicos.
O prezo é de 130 euros para o público en xeral, establecéndose descontos para diversas categorías, que poderán consultarse na dirección www.fundacioncelta.com, onde tamén formalizar a inscripción. Este ano, como novidade, aqueles que se inscriban antes do 30 de maio recibirán unha segunda camiseta de balde.
A presentación celebrada onte no consistorio aresán, na que estiveron presentes o alcalde, Julio Iglesias, e o edil de Deportes, José Juan Vilar, xunto co Presidente da Fundación do Celta de Vigo, Germán Arteta, o xogador ferrolá do primeiro equipo Álex López, e representantes do Numancia SDR, serviu para dar conta de todos estes detalles, ademais do obxectivo principal da iniciativa que, tal e como sinalaron os seus responsables, pretende achegar os valores do deporte á sociedade, tales como a superación, o traballo en equipo, o compañeirismo ou a creatividade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares