Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 18 de Xaneiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello abrirá o seu litoral e contará cun vieiro peonil por todo o municipio
22 Agosto 2007 14:02
O goberno local de Ares, na súa pretensión de potenciar o turismo e promocionar o seu litoral, colaborará coa Demarcación de Costas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, no proxecto que ten de executar uns vieiros peonís que permitan percorrer, bordeando a costa, todo o municipio.
Esta mesma mañá, técnicos da Demarcación comprobaron persoalmente o potencial da zona, nunha visita na que tamén participaron o concelleiro de Servizos, José Ferreiro, e a responsable de Turismo e Medio Ambiente, Ana Fernández. Como explicaron os edís ao finalizar a visita, o Concello realizou algunha pequena modificación sobre o trazado previsto por este organismo, que irá desde a entrada ao municipio, en Redes, ata Chanteiro. Ditos cambios teñen como finalidade que o vieiro vaia o máis próximo posible á costa e, aínda que a mayor parte do percorrido será de acceso peonil, polas propias características do terreo nalgúns outros casos será para bicicleta ou incluso para facelo en coche.
Os vieiros contarán coa sinalización oportuna e, ademais, é posible que máis adiante se faga algún mirador que facilite o acceso ás espléndidas vistas da ría de Ares.
Así as cousas, e despois desta visita, que vén de completar as xestións realizadas anteriormente polo alcalde, Julio Iglesias, cos responsables da Demarcación de Costas, tan só hai que agardar a que este organismo execute os traballos necesarios para por a disposición dos veciños o novo vieiro, que afecta a terreos de dominio público.
Este percorrido, ademais, unirá cos que tamén se executarán nos municipios limítrofes, como Mugardos, Fene ou Cabanas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares