Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Concellaría de Servizos Sociais promove un curso FIP de auxiliar de atención a domicilio
23 Agosto 2007 14:00
O Concello de Ares, a través da Concellaría de Servizos Sociais, que preside Victoria Montenegro, promove un curso FIP (Formación en Inserción Profesional) de Auxiliar de Atención a Domicilio, dirixido a mulleres desempregadas e que se imparte desde o pasado luns, día 20, na aula de formación da Casa do Mar da vila. Nesta ocasión, son quince as mulleres que participan no seminario, que consta de máis de 400 horas, repartidas nunha parte teórica e outra práctica que se realizará nas residencias da terceira edade e centros xeriátricos da zona. As clases son diarias, de luns a venres, en horario de catro da tarde a nove e media da noite.
Unha xerontóloga, profesora na Universidade de Santiago, e unha enfermeira son as encargadas de impartir este curso FIP, que ten como principal obxectivo formar a mulleres que se atopan nunha situación de desemprego para, deste xeito, acceder a un posto de traballo. Tamén está prevista a presencia de empresas e entidades vinculadas con este sector para expor ás alumnas outras cuestións que lles poidan resultar de utilidade e completar a súa formación, que finalizará, incluida a parte práctica, en novembro.
Como explica Ana María Cal, a xerontóloga, os traballos relativos á terceira edade e os seus coidados son un importante filón de emprego e contan cun elevado nivel de colocación laboral, polo que este curso pode ser unha ferramenta de gran utilidade para acceder a un posto de traballo neste sector. De feito, como subliña, nalgúns casos os centros nos que as mulleres realizan as prácticas acaban facendo un contrato, en prácticas ou laboral, a algunhas das participantes no curso. Ademais, a xerontóloga destaca a existencia doutras posibilidades laborais, como a de converterse en emprendedoras e, así, crear en conxunto un centro de día ou unha empresa privada de axuda a domicilio para completar a oferta pública, que non existen no municipio de Ares.
Pero non só atopar un traballo é a razón pola que estas persoas acceden a este curso FIP, senón que algunhas das mulleres, como indica Cal, teñen como prioridade obter coñecementos profesionais para o coidado dalgún familiar.
O elevado nivel de satisfacción das alumnas e de acceso a un posto de traballo son os principais incentivos das mulleres para inscribirse no seminario, que no caso deste curso teñen edades comprendidas entre os 20 e os 50 anos e proceden non só do municipio de Ares, senón tamén do resto de concellos da comarca.
Este curso da Xunta coordinado polo Instituto Xerontolóxico Galego –dependente da Universidade de Santiago de Compostela- ofrece becas para as participantes, que van desde os seis euros diarios en concepto de desprazamento ata os 16,64 euros –o máximo sería de 499,20 euros ao mes como IPREM, o salario mínimo interprofesional-, en función da situación específica de cada alumna, que para percibir a máxima contía deberán ter o Itinerario Personalizado de Inserción.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares