Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno de Ares defende a total transparencia na contratación do servizo de axuda no fogar
02 Abril 2014 09:24
O alcalde, Julio Iglesias, en resposta ao PP sobre as acusacións de irregularidades na contratación, asegurou que en nigún caso se trata dunha decisión discrecional, senón dun procedemento administrativo regrado e avalado polos informes técnicos.

O rexedor convidou ao portavoz do PP a que deixe a un lado os intereses persoais e partidistas e traballe para defender os intereses dos aresáns.

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, unha vez coñecido o contido dunha nota de prensa do PP acusando ao goberno local de supostas irregularidades na adxudicación do servizo de axuda no fogar, quere lembrarlle ao portavoz do PP que o procedemento de contratación trátase dun trámite puramente administrativo, rexido polo prego de condicións que establece o marco ao que se deben axustar as empresas que presentan a súas ofertas, e os preceptivos informes técnicos que se encargan de evaluar a viabilidade das mesmas.
Neste sentido, o rexedor explica que para adxudicar a prestación do servizo de axuda no fogar, optouse por un procedemento de contratación aberto, precisamente para garantir a súa transparencia e que todo aquel interesado poidera presentar a súa proposición. A este respecto o alcalde sinala que unha vez presentadas as ofertas a selección do adxudicatario do servizo determinouse conforme á oferta económicamente máis ventaxosa para as arcas municipais e aos criterios establecidos no prego de condicións, e que a oferta máis económica foi debidamente xustificada pola empresa e contou co informe favorable da Educadora Familiar (que é a persoa responsable do SAF no Concello) e os votos favorables do técnico e o secretario municipal.
Por iso, o alcalde quere deixar claro ao voceiro do PP que a época na que as adxudicacións dos servizos municipais se levaban a cabo atendendo a intereses persoais e partidistas rematou fai tempo, concretamente cando o PP deixou a alcaldía, e que non traten de volver a prácticas anteriores nas que non se garante o trato igualitario e non discriminatorio, ademais de non axustarse ao principio de transparencia como defende o actual goberno.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares