Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O equipo de goberno pídelle ao PP que deixen o populismo e as mentiras con respecto ás contas municipais
20 Marzo 2014 07:39
O grupo de goberno, despois das declaracións efectuadas polo PP acerca da situación económica do Concello de Ares, quere realizar unha serie de puntualizacións, comezando pola petición expresa do alcalde, Julio Iglesias, á formación conservadora para que deixe de manipular e mentir con respecto ás contas municipais e que comece dunha vez por todas a exercer unha oposición responsable.
Para os responsables municipais, a rentabilidade política non pode estar sempre por riba dos intereses xerais. Refírese o equipo de Iglesias ás afirmacións feitas polo PP con respecto ao estado financiero do Concello, chegando incluso a afirmar que a administración local se atopa “nunha posición cercana á quebra técnica” que podería acabar cunha “intervención do Estado”, o que resulta manifestamente falso e unha clara extratexia de crear alarma social con fins meramente electoralistas.
A este respecto, o alcalde quere manifestar que a carga financieira do Concello atópase na actualidade no 97% (cando a do propio Estado é dun punto porcentual superior, o 98%, e o límite legal a autoriza nun 110%) e que, a finais do actual exercicio seguindo o ritmo previsto no Plan de Axuste Municipal aprobado polo Goberno central, se reducirá nun 15%, baixando ao 82%.
Nesta liña o alcalde volveu a insistir en que a pesares da débeda a proveedores deixada polo goberno anterior do PP, que non foi quen de aprobar nin os orzamentos, e a situación actual de freo da economía, o goberno municipal socialista conseguiu facerlle frente pagando a todos os proveedores, ademais de realizar nestes anos un elevado nivel de obras, así como a posta en marcha e mantemento de servizos públicos (moitos deles competencia da Xunta que baixo o mandato do PP deixáronse de prestar e foron trasladados aos Concellos), e de sacar adiante un Plan de Axuste grazas ao cal estase a conseguir eliminar o déficit do Concello e manter o equilibrio nas arcas municipais.
Neste sentido, o alcalde quere destacar que “o verdadeiro mérito está en facer tanto con pouco e en plena crise, como fai o goberno socialista, e non en non facer case nada con tanto e sen crise, como fixo o goberno do PP”, ademais da comunicación recibida polo Concello do Ministerio de Hacienda e Administraciones Públicas na que se exclúe expresamente ao municipio de Ares do listado de entidades con problemas financieiros, e se fai constar que o Concello non se atopa incluido dentro do ámbito de aplicación do Real Decreto lei 8/2013, do 28 de xuño, de medidas contra a morosidade das administracións públicas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares