Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O grupo de goberno saca adiante a aprobación inicial do PXOM e os orzamentos de 2014, malia pinza formada polo PP e o BNG, que abandonou o Pleno incluso antes da votación
07 Marzo 2014 08:03
• O documento ecómico, que contou co voto favorable da formación independiente NAL, ascende a 5.676.812,42 euros
• A aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal supón cumprir cunha das principais demandas da cidadanía nos últimos anos

O pleno da corporación aprobou, no marco da sesión celebrada esta mañá, os orzamentos municipais para 2014, o que supón para o grupo de goberno, presidido polo socialista Julio Iglesias, lograr sacar adiante as contas para o presente exercicio, é dicir, o documento económico máis importante do Concello. Ademais deste importante logro, o Pleno de hoxe conseguiu dar luz verde á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, xa que o municipio rexíase na actualidade polas modificacións puntuais correspondentes ás normas subsidiarias en vigor dende a anulación do PXOM do 99 pola Xustiza, e o que implica o paso previo para que as normas de planeamento urbanístico gocen en Ares de carácter definitivo.
Nestas dúas importantes cuestións tratadas hoxe, e a pesares da pinza formada polo PP e o BNG, que votaron en contra do PXOM, e co abadono do Pleno por parte dos nacionalistas antes incluso de que tivese lugar a votación dos presupostos, os socialistas lograron sacar adiante a aprobación de ambos documentos, grazas á formación idependiente NAL, que votou a favor.
En canto ás contas municipais, ascenden a 5.676.812,42 euros, o que supón un incremento de 622.748,68 euros con respecto ao documento do exercicio de 2013.
Pero durante a sesión de hoxe e pese ás apelacións á responsabilidade e aos argumentos aportados polo rexedor para explicar os puntos clave do seu contido, non serviron para acadar o apoio de conservadores e nacionalistas que, unha vez máis, e como ven sendo habitual, se uniron para tratar de boicotear un documento tan importante (o PP votou en contra e o BNG abandonou o Pleno antes de que rematase o debate e se procedese á súa votación), para poder facer fronte aos pagos a proveedores, asumir novos servizos fundamentais para o futuro do municipio como o funcionamento da EDAR ou a xestión do servizo de augas, ou levar a cabo actuacións que contan con aportacións doutras administracións e que, sen a súa entrada en vigor, poderían perderse.
De feito, dende o grupo de goberno critícase o abandono do Pleno por parte do BNG, o que segundo opinan resulta unha falta de responsabilidade nun tema tan importante como é o debate e aprobación das contas do Concello, e máis cos argumentos sobre supostas irregularidades no seu contido xa que se trata dun documento equilibrado e conforme á lei, polo que os socialistas entenden que unha vez máis a estratexia dos concelleiros do BNG pasa por tratar de incendiar á poboación con acusacións ao grupo de goberno soamente “para sacar rédito electoral”.
O alcalde, Julio Iglesias, quixo subliñar que se trata dun documento marcado pola austeridade e o realismo que esixe a situación actual na que nos atopamos e que permitirá poder garantir e ampliar a prestación de servizos á cidadanía, así como actuacións de grande importancia para a mellora da súa calidade de vida.
Así as cousas, destaca, o capítulo de investimentos (406.344,75 euros), o que supón un aumento de 118.562,49 euros con respecto ao orzamento do 2013, no que se inclúen partidas para actuacións fundamentais, como a do POS (a adicional de 2013 de ampliación do abastecemento en Cervás –por importe de 30.286,23 euros- e as de 2014 de dotación da rede de abastecemento na Malata, que ascende a 110.371 euros), a reparación do camiño da praia de Chanteiro (21.416,86 euros) ou a reposición e mellora do acceso ao camiño do Cucheiro, cunha dotación de 19.116,82 euros. Tamén van nesta partida o pago das expropiacións da EDAR e actuacións como a colocación de puntos de alumeado público (23.000 euros) ou a construcción do muro do campo de fútbol (15.000 euros), xunto con outras menores destinadas a maquinaria, mobiliario e equipos (enmarcados no proceso de información).
Ademais, no apartado de prestación de servizos inclúense os da recollida de lixo, limpeza viaria ou de praias, axuda a domicilio, ou o servizo de xestión da auga, recentemente municipal. Polo tanto, e as pesares das limitacións propias da época de crise actual, trátase de garantir cuestións de grande calado para o equipo de goberno, como os servizos sociais, que ademais do servizo de axuda a domicilio contempla outras partidas para programas e obradoiros destinados aos maiores, ou os convenios para os gastos de funcionamento da escola infantil ou o centro de día, ademais do mantemento das partidas da área de Cultura, contando con axudas a entidades e actos culturais, ademais da colaboración coas entidades deportivas.
No que se refire ao Plan Xeral de Ordenación Municipal o rexedor quixo resaltar que de novo se evidenciou a “pinza” formada polo PP e o BNG, que votaron en contra, para tratar de tirar por terra un proxecto tan importante para poder articular o municipio e construir unhas bases sólidas para o seu futuro. Neste sentido, lembra que a súa redacción nace da necesidade de adaptar o planeamento á realidade urbanística do municipio, que na actualidade se rexía por unhas modificacións puntuais pola anulación do PXOM do 99 por parte da Xustiza no ano 2007, e que neste eido foi obxecto de moitos cambios e actuacións, tanto na propia vila de Ares como no resto das parroquias e ámbito rural durante todo o proceso.
Neste sentido e ante as críticas vertidas por PP e BNG, o grupo de goberno quere defender a total transparencia na elaboración do planeamento urbanístico, cuxa participación se lles platexou a tódolos grupos e ambas formacións rexeitaron, con fins meramente electoralistas. De feito, tal e como se indicou en anteriores ocasións, os reponsables municipais queren poñer de manifesto que os concelleiros do PP e do BNG non formaron parte do equipo redactor do planeamento porque non quixeron, xa que dende o primeiro momento se lles solicitou a súa colaboración e a rexeitaron, posiblemente “poñendo nunha balanza os pros e contras electorais e decidindo actuar contra o Concello en lugar de traballar ao seu favor e, por ende, dos seus veciños e veciñas”, segundo sinalaron dende o grupo de goberno. Pero é que ademais, durante todo o proceso, os grupos da oposición estiveron convocados ás comisións relativas ao PXOM, e nin BNG nin PP fixeron nigunha achega malia ter a posibilidade en reiteradas ocasións nas que se deu conta á oposición de xeito puntual e inmediato ao respecto, polo que resultan sorprendentes as acusacións e falsos argumentos cos que tratan de incendiar á poboación e soamente para “apañar uns cantos votos”.
No que se refire ao seu contido, o documento contempla, sobre a base de adecuación do Plan á normativa e lexislación urbanística en vigor e á realidade presente do municipio, entre outros apartados, a creación de novas dotacións para cubrir as carencias existentes de zonas verdes e equipamentos, a posta en valor da infraestrutura portuaria (tanto no sector pesqueiro como turístico) nos portos de Ares e Redes, posibilitar a mestura de usos compatibles salvo nas áreas diferenciadas e específicas, mellorar e potenciar a rede viaria coa protección das comunicacións e as súas márxenes, ou a deficición de zonas espaciais específicas que permitan un equilibrio paisaxístico e de desenrolo social.
Por iso o alcalde quixo destacar a importancia da aprobación de hoxe, que supón o paso previo á consecución dunha das principais demandas da cidadanía nos últimos anos e o cumprimento dun dos obxectivos prioritarios do equipo de goberno, para “poder dispor de espazos suficientes para equipamentos e infraestruturas e garantir un urbanismo de futuro en Ares”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares