Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello porá a disposición de Sanidade unha parcela para a ampliación do centro de saúde, situada xunto o actual inmoble
23 Agosto 2007 13:55
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, viaxará o próximo día 3 de setembro a Santiago para manter unha reunión coa conselleira de Sanidade, María José Rubio, coa que falará, principalmente, da ampliación do actual centro de saúde. Como indicou o rexedor da vila, o actual grupo de goberno coincide con este departamento da Xunta na viabilidade de facer dita ampliación no actual inmoble, polo que porá a disposición da Consellería unha parcela anexa ao edificio que é de titularidade municipal.
A parcela que o alcalde ofrecerá a Sanidade para executar a ampliación do centro, que quedou pequeno para un municipio que vén experimentando un importante crecemento demográfico nos últimos anos, ten unha superficie duns 320 metros cadrados, que se poderán converter nun novo edificio de soto, baixo e tres prantas, ademais de baixocuberta, tal e como establecen as Ordenanzas e o planeamento urbanístico do Concello sobre equipamentos públicos. A edificabilidade máxima da parcela é de 1.400 metros cadrados, aínda que a execución do novo centro de saúde podería non aproveitala na súa totalidade, se así se considera, xa que estará condicionado, en último caso, polo proxecto e as necesidades propias da Consellería de Sanidade.
O actual centro de saúde ocupa unha parcela de 302 metros cadrados, tal e como figura no Catrastro, polo que unha vez que a Xunta proceda á execución do novo inmoble, a superficie adicada á atención sanitaria no municipio de Ares superará os 620 metros cadrados. E, ademais, estará situado no mesmo lugar que agora, é dicir, no centro da vila de Ares, entre a Porta do Sol e a avenida de Redes.
Deste modo, Julio Iglesias pretende zanxar unha problemática xurdida no anterior mandato, xa que o entón rexedor, José Manuel Cendán (PP), pretendía facer un novo edificio na zona de Pedrós, proxecto que non contaba co visto bo da Consellería e que para o actual grupo de goberno de Ares non era máis que unha excusa para proceder á posterior urbanización da zona, situada fronte o brañal da Xunqueira.
Agora, a pretensión do goberno local é ben distinta para esta zona de Pedrós. Por unha banda, está a iniciativa tanto do Concello como da propia Consellería de Medio Ambiente de elevar a protección do brañal da Xunqueira, anunciado na recente visita do delegado provincial da Consellería ao municipio, o que porá fin ás numerosas agresións medioambientais ás que vén sendo obxecto nestes últimos anos e revalorizará un espazo natural de gran importancia e que, incluso, podería acoller un centro de interpretación da flora e fauna.
En canto ao propio espazo no que Cendán quería facer o centro de saúde, o alcalde, Julio Iglesias, pretende executar outro dos seus proxectos deste mandato: a creación dunha cidade deportiva que preste servizo ao municipio de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares