Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde destaca a grandeza de Marcelino na homenaxe e entrega do "Marca Leyenda" ao autor do gol a Rusia que deu a España a Copa de Europa de 1964
11 Febreiro 2014 12:32
ImaxeImaxeImaxeImaxe
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, presidía esta mañá o acto de homenaxe a un dos seus veciños máis distinguidos, Marcelino, o que fora xogador de selección de fútbol e autor do coñecido gol ante Rusia que deu o primeiro Campionato de Europa a España en 1964. Coincidindo coa entrega do máximo galardón do Diario Marca, o “Marca Leyenda”, o Concello de Ares organizou unha recepción ao ex xogador local, ao que asistiron representantes do mundo do deporte –entre os que que se atopaban Reija e Canario, que integraban con Marcelino os “5 magníficos”, ou responsables de clubes nos que xogou, como o Numancia de Ares, o Racing de Ferrol e o Zaragoza-, a política –co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, á cabeza-, o xornalismo –o director do Marca, Óscar Campillo, ou o accionista deste grupo de comunicación José María García, entre outros- e a cultura –representantes de diferentes entidades do municipio-, ademais de amigos, familia do ex futbolista e parte da corporación.
Iglesias destacou que persoas como Marcelino son as que fan “grandes” a un pobo como Ares, que non chega aos 6.000 habitantes. O rexedor socialista lembrou como moitos veciños e veciñas da vila creceron coa imaxe do gol de Marcelino fronte a Rusia, “coa sorte de que o podíamos ver, palpar e coñecer e súa historia”. “Marcelino, ao longo da túa vida tes recibido moitas homenaxes, pero hoxe é a da tua xente, a dos teus, da xente á que fixeches soñar”, manifestou o alcalde, que fixo unha mención especial á cercanía da Casa do Concello, no que se celebraba o acto, coa praia na que o ex xogador local aprendeu a darlle ao balón e a meter os seus primeiros goles.
O máximo responsables da administración aresá entregou uns agasallos a Marcelino e un ramo de flores á súa muller, así como unhas placas a Óscar Campillo, José María García, José Ramón Lete e García Pitarch (director xeral do Zaragoza).
A continuación, e xa no Náutico, o Diario Marca entregoulle a Marcelino o Marca Leyenda ante preto dun cento de persoas de diferentes institucións, asociacións e organizacións. Durante toda a xornada, a Copa de Europa de 1964 estivo en Ares; nun principio, entre as 10.00 e as 11.30, no propio Consistorio –á entrada-, logo no salón de plenos e, xa o resto do día, nas instalacións do Club Náutico.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares