Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Licitan a construcción dun edificio de departamentos para a Confraría de Ares
30 Agosto 2007 13:49
A Consellería de Pesca, que dirixe a socialista Carmen Gallego, vén de licitar o contrato de obras para a construcción dun edificio de departamentos en Ares, que será utilizado pola Confraría de Pescadores da vila. Con este anuncio, que sae publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), cúmprese o compromiso da titular deste departamento da Xunta, que nunha visita ao pósito no mes de maio anunciou que o proxecto xa contaba con dotación orzamentaria.
O orzamento base de licitación do inmoble, que estará situado na zona portuaria de Ares, ascende a 531.936,34 euros, que serán abonados en dúas anualidades. A primeira, correspondente ao presente exercicio, é de 181.213,23 euros, mentres que na segunda, de 2008, desembolsarase a partida restante, é dicir, 350.723,11 euros. O prazo de entrega das obras é, unha vez asinado o contrato, de seis meses.
As empresas interesadas en participar neste concurso aberto poderán obter a documentación e información necesaria no Servizo de Acción Costeira Artesanal, da Dirección Xeral de Estruturas e Mercados de Pesca, organismo que tramita o expedente.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14.00 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación do anuncio no DOG, é dicir, dende mañá. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14.00 horas do primeiro día hábil seguinte.
As ofertas terán que presentarse no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, no segundo andar do edificio administrativo de San Caetano. Neste mesmo lugar procederase á súa apertura, prevista para o décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións, ás 10.00 horas.
O alcalde, Julio Iglesias, mostrou a súa satisfacción e agradecemento á conselleira, así como a celeridade amosada na tramitación do expedente, xa que, como subliñou, se trata dunha infraestructura reivindicada dende hai moitos anos e moi necesaria para os pescadores da Confraría, que en breve disporán dun inmoble no que poderán traballar sen os problemas que veñen arrastrando polas inclemencias meteorolóxicas, e tamén deixar neste lugar os seus aparellos sen temor a que se produzan actos vandálicos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares