O Concello de Ares organiza o vindeiro 8 de novembro na Alianza unha charla-coloquio sobre o cancro
18 Octubre 2013 10:14A Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe a edila socialista Victoria Monetenegro, organiza unha conferencia sobre o cancro, que se desenvolverá o vindeiro 8 de novembro no salón de actos da Alianza Aresana.
“Diagnosticáronme cancro. Que podo facer para estar mellor?” é o título da charla-coloquio, que será impartida polo médico de familia do centro de saúde local Fernando Malo García e polo licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, José Antonio Barcia Tuccelli.
Desta actividade, aberta á participación de toda a cidadanía, deu conta esta mesma mañá a concelleira ao resto de grupos da corporación en comisión de Servizos Sociais.